Por Serafín Martínez | Galicia | 06/12/2009
Indecente é que o salario mínimo dun traballador sexa de 624 euros/mes e o dun deputado de 3.996, podendo chegar con dietas e demais incentivos a 6.500 euros/mes.
Indecente é comparar a xubilación dun deputado co dunha viuva.
Indecente é que un cidadán teña que cotizar 35 anos para percibir unha xubilación e os deputados lles chegue só con sete e que os membros do Goberno para cobrar a pensión máxima só necesiten xurar o cargo.
Indecente é que os deputados deste país sexan os únicos traballadores que están exentos de tributar un terzo do seu soldo do IRPF.
Indecente é que as señorías cando cesan no cargo teñan un colchón do 80 por cento do soldo durante 18 meses e que os ex ministros, ex secretarios do Estado e altos cargos cando cesan son os únicos cidadáns que poden legalmente percibir os salarios do Estado.
E poderíamos seguir ata o infinito, pero imos cun exemplo que seguro que nos soa:
O alcalde de Madrid paga polo seu coche blindado 591.624 euros ou o ex presidente da Xunta, un A8, 430.000 euros, cando o do presidente dos EE.UU, sae por 330.000 euros.
Ou que a banca, acreedora dos partidos políticos, amablemete lles pode condonar os intereses da débeda que teñan con eles, en contradición coa continua persecución dos españolitos de a pé.