Por Serafín Martínez | | 28/12/2009
Alí foron crecendo rañaceos vertixinosamente, autopistas, espectaculares metros aéreos, imposibles pistas de esquí no medio do deserto, campos de golf a 50 grados de temperatura regados con auga potabilizada... En fin, que onde antes eran quilómetros de area, agora temos unha pequena gran cidade. Inversións fastuosas, que convirtirían a cidade de Dubai no epicentro mundial de ocio e negocios.
En realidade, acudiron novos ricachóns de máis que dubidoso gusto, que mercaron a prezo de ouro vilas de luxo en illas artificiais creadas sobre o mar. En resumo, foron os especuladores amigos do diñeiro fácil.
Pero bastaba cun pouquiño de sentido común para establecer que aquel paraíso era máis falso que Xudas, porque, quen gasta millóns de euros nun palacete con vistas o veciño e ubicado sobre un mar turbio, cando uns metros máis alá, fora, as augas do Golfo Arábico-Pérsico se manteñen puras e cristalinas? Díganme señores, mercarían unha vivenda onde é inaguantable a climatoloxía que ten esta cidade, cun calor agobiante e humidade asfixiante? Era imposible manter esa burbuxa inmobiliaria, onde o lado da española era cousa de nenos.
Dubai foi o centro de negocios tradicional do Golfo…o que non quere decir que puidera convertirse nun novo París, Francfort ou Nova York, tendo en conta que o motor económico dos Emiratos Árabes Unidos era o veciño (e mal avenido) Abu Dabi.
E despois do crack de Dubai, preguntome, onde estaban (ou están) os brillantes economistas que mantiñan a viabilidade de este esperpento económico? Seguro que incapaces de asumir a sua propia incompetencia. Excelentes profetas do pasado.