Mellorar o control dos viñedos co uso de drons

A Axencia Galega de Innovación deu luz verde ao proxecto de investigación 'Ecovine' para desenvolver "unha metodoloxía baseada en novas tecnoloxías para segmentar ou zonificar viñedos cunha alta precisión e resolución espacial".

Por E.P. | A Coruña | 16/11/2016 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

A Axencia Galega de Innovación deu luz verde ao proxecto de investigación 'Ecovine', unha iniciativa que pretende desenvolver "unha metodoloxía innovadora baseada en novas tecnoloxías para segmentar ou zonificar viñedos cunha alta precisión e resolución espacial", segundo informa a Corporación Hijos de Rivera.

Un dron voando
Un dron voando

Liderado pola adega Ponte da Boga da man da Universidade de Santiago de Compostela e o CSIC, este proxecto persegue "facilitar a xestión e manexo integral dos viñedos mediante a implantación de sistemas complexos de monitorización e control remoto baseados en plataformas de visualización e análise de datos".

Todo iso se materializa a través da utilización un sistema de captación de información a bordo de aeronaves non tripuladas, con sensores multiespectrais. Esta tecnoloxía realizará "unha exhaustiva análise de toda a superficie do viñedo: a súa variabilidade, o seu estado hídrico, o desenvolvemento da planta e a calidade da uva", explica Hijos de Rivera.

MELLORAR OS TRATAMENTOS

Ademais, engade que todos estes parámetros, canalizados a través dunha web que procese axeitadamente os datos, "proporcionarán unha información moi útil que facilitará a decisión sobre o momento óptimo para a vendima, os tratamentos a aplicar a cada zona do viñedo en cada momento ou a necesidade de rego baseándose en modelos de eficiencia enerxética".

Para levar a cabo esta iniciativa, a adega Ponte da Voga estableceu un consorcio coa Adega Lar de Ricobao, e as empresas tecnolóxicas Elmantec e Teican Medioambiental.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Murdok

Estoy de acuerdo con Miguel23. descargarprezi.net es muy importante para llegar a trabajar con drones ya que nos facilita a la hora de bajar las fotos tomadas.

3 Miguel2323

en el sitio web-wasap puedes conversar con tus amigos a través de la aplicación.

2 Alonso

Yo en muchas ocasiones uso pinterest para informarme mejor de que existe para manejar un dron

1 Miguel23

Yo normalmente utilizo prezi para el control y la gestión del dron, además luego puedo mostrar los vídeos que hago con el dron en alguna presentación.