Lufthansa unirá Santiago de Compostela con Frankfurt e Munich

A aerolínea Lufthansa anunciou este mércores novos enlaces que unirán dende finais do mes de marzo o aeroporto de Santiago de Compostela coas cidades alemás de Frankfurt e Munich.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2016 | Actualizada ás 14:02 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A aerolínea Lufthansa anunciou este mércores novos enlaces que unirán dende finais do mes de marzo o aeroporto de Santiago de Compostela coas cidades alemás de Frankfurt e Munich.

Así, coincidindo co inicio da tempada de verán de 2017, a aerolínea alemá conectará Santiago de Compostela tres veces por semana co seu hub internacional de Frankfurt e unha vez por semana co de Munich.

O voo LH1110 despegará dende Frankfurt os luns e xoves ás 9,35 horas, e os venres ás 9,30 horas. O voo de regreso sairá eses mesmos días ás 13,35 horas dende a capital galega. Dende Munich, o voo LH1866 despegará cada domingo ás 8,00 horas e regresará dende Santiago ás 11,40 horas.

Os novos voos de Lufthansa complementan a oferta actual de Swiss, membro de Lufthansa Group, que ofrece tres voos semanais dende Santiago de Compostela ao seu hub de Zurich, cada martes, xoves e sábado.

Lufthansa operará estas novas rutas a Santiago de Compostela con avións Airbus A321, con capacidade para 319 pasaxeiros distribuídos en dúas clases de servizo, Business e Economy Class.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Víctor

Outros que empezan coa idea de abrir en Vigo e marchan para Santiago...