Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/12/2009 | Actualizada ás 13:09
"Nestes intres, o Portal Web da Xunta de Galicia non está dispoñible.Pedímoslle desculpas polos problemas que este feito lle poida ocasionar.Mentres non se restaura o servicio, facilitámoslle a continuación o acceso a algunha das principais aplicacións...". Este é o único texto que figura na páxina oficial da Xunta durante a mañán deste xoves. É a segunda ocasión que isto acontece en menos de dúas semanas. A pasada semana a Xunta convocaba dous concursos, precisamente, para mellorar o filtrado de mensaxes e contra a protección de intrusos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.