A Fundación USC Deportiva organiza unha xornada teórico-práctica de iniciación á autodefensa

A Fundación USC Deportiva organizará o próximo 17 de decembro en Santiago de Compostela unha xornada teórico-práctica de iniciación á autodefensa.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2016 | Actualizada ás 21:22 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Fundación USC Deportiva organizará o próximo 17 de decembro en Santiago de Compostela unha xornada teórico-práctica de iniciación á autodefensa.

A Fundación indicou que o modelo de aprendizaxe tradicional das artes marciais "incide maioritariamente na adquisición e perfeccionamento das habilidades físico-técnicas como solución a unha agresión de carácter físico".

"Non obstante, presta moi pouca ou ningunha atención á adquisición de habilidades sociais, emocionais e cognitivas, polo que non ofrece solucións a outro tipo de agresións, diferentes ás de carácter físico e moito máis frecuentes no día a día", explica a entidade.

Neste curso, organizado pola Fundación USC Deportiva e o Servizo de Deportes da USC, preténdese analizar os conflitos cun enfoque "máis aberto", proporcionando recursos de autodefensa para dar resposta a potenciais situacións de risco.

Ao mesmo tempo, explicaranse técnicas de xestión de conflitos baseadas noutro tipo de habilidades e competencias destinadas a evitar o enfrontamento físico.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta