Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2016 | Actualizada ás 13:42
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pronunciouse sobre o listado de políticos que entraban no obxectivo dos regalos do empresario lucense Raúl López, propietario do Grupo Monbus e investigado no marco da 'Operación Cóndor'. E o fixo no xornal La Voz de Galicia, que non informou do caso.
"É outra filtración parcial que quedará en nada", asegurou en relación á presenza do seu nome neste listado, que publicou Galicia Confidencial, ademais doutros medios como El Confidencial, Público, El Diario, no que figuran os nomes do propio xefe do Executivo galego e do exministro de Fomento José Blanco.
Nunha entrevista neste xornal coruñés , Feijóo explicou que hai "unha serie de filtracións parciais"que din que un empresario, en alusión a Raúl López, lle enviaba "seis botellas de viño por Nadal" dende antes de que fose presidente. "Como se pode imaxinar, un presidente está pendente doutras cuestións", subliñou, xusto antes de precisar que o propietario de Monbús dixo ante a xuíza Pilar de Lara que "se sentía frustrado" porque o mandatario galego "non o atendía".
A continuación, sinalou que, para este tipo de cuestións, hai un departamento de protocolo. "Eu non podo corroborar cada dato que salga dunha filtración parcial a medios da que tanto eu, como imaxino o outro cento de mencionados (os outros nomes que figuran no listado), non temos a máis mínima información nin comunicación", defendeu.
Neste sentido, indicou que "moito menos" pode corroborar estes datos cando son "feitos anteriores" ao momento no que se aprobou o código ético que regula a recepción de cortesías e regalos institucionais para "evitar interpretacións" como as que, ao seu xuízo, preténdense buscar con esta filtración".
Monbús explica que era "habitual" en Nadal
Sobre este asunto, a empresa de transporte Monbus enmarcou este sábado no "habitual en Nadal" os regalos "de cortesía" que a empresa enviou a cargos políticos de diversa cor política "sempre" en época navideño.
Preguntado por se lle preocupa que o caso poida prosperar no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), resolveu que non. "Non me preocupa porque sei perfectamente cál é o meu xeito de actuar. [...] Pero ademais, segundo as informacións, o fiscal do caso, loxicamente, di que non hai nada", resolveu.
Estas declaracións prodúcense despois de que Vixilancia Aduaneira solicitase nun informe enmarcado na investigación da denominada 'Operación Cóndor' un listado de regalos enviados polo empresario lucense de Monbus, Raúl López, a políticos de diferente cor política.
En concreto, o informe de Vixilancia Aduaneira, segundo publicaron medios dixitais como 'Praza Pública', El Confidencial e Galicia Confidencial, recollido por Europa Press, inclúe nomes e cargos de máis dun centenar de políticos e algúns técnicos relacionados con administracións que contrataban con Monbus aos que supostamente Raúl López remitiu regalos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.