Por Galicia Confidencial | Cospeito | 13/12/2016 | Actualizada ás 10:30
A torre de Caldaloba, en Cospeito, é o único que queda dunha impoñente fortificación que a finais do século XV resistiu o cerco das tropas dos reis católicos. Era a última fortaleza en mans da familia de Pardo de Cela e a última en caer antes do comezo do que logo se deu en chamara a “doma e castración do reino de Galicia”.
Hoxe, desa fortaleza, só queda unha arruinada torre de 25 metros de altura, de planta cadrada, con 10 metros de lado e muros de máis de 2,5 metros de espesor, construída en pizarra e cadeirado de granito nas esquinas. Unha torre que ameaza con derrubarse polo seu manifesto estado de abandono. Máis no medio colaborador Historia de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.