Temas: CORRUPCIóN

Necesitamos leis para protexer aos que denuncian a corrupción?

Juan Díaz Villoslada, ex-xerente da UDC e deputado socialista, reclama modificacións legais para evitar represarias contra os que sacan a luz casos de presunto caciquismo. O PP négase a impulsar estas modificacións lexislativas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/12/2016 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

Os socialistas galegos demandaron hoxe no pleno do Parlamento “instrumentos e modificacións lexislativas para dotar a Galicia dun sistema integral de protección ao denunciante de prácticas corruptas, ilícitas e fraudulentas”, tanto no eido público coma privado “e coas necesarias garantías de confidencialidade, protección da identidade e da tranquilidade laboral e persoal”.

Juan Díaz Villoslada
Juan Díaz Villoslada

O grupo do Partido Popular propuxo retirar do texto a posibilidade de facer modificacións lexislativas e deixar tamen ao marxe o eido privado, o que, vista a súa maioría absoluta, impediu que a proposición saíse adiante.

 

O portavoz de Administración Pública do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, argumentou na defensa dunha ) que “a denuncia das prácticas corruptas é unha obriga cidadá, pero os custos persoais, sociais e laborais que poden asumir as persoas denunciantes fan que dita actitude constitúa un esforzo desmedido de valentía ligado a posibles represalias”.

“Para que os cidadáns exerzan o seu dereito precísase un cambio cultural nas organizacións e que os denunciantes sintan que a súa confidencialidade e protección fronte a posibles represalias e accións discriminatorias están garantidas”, apuntou o deputado do PSdeG.

As diferentes organizacións que están a promover con progresiva intensidade este mecanismo de loita contra a corrupción e o fraude “son partidarias de crear normativas que proporcionen protección eficaz para quen filtre información de interese xeral, como xesto da súa conciencia ciudadá e, a menudo, asumindo riscos persoais”.

“Por iso, é necesario que este novo marco normativo a impulsar recolla unha serie de garantías imprescindibles: libertade de expresión, confidencialidade e protección da identidade, continuidade na súa carreira profesional e tranquilidade sicolóxica e persoal”, engadiu Villoslada.

Temas: CORRUPCIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta