Correos alegan que o informe sobre a carteira de Boiro suspendida "está no departamento de sancións" para analizalo

Correos explicou este mércores que o informe realizado para "xustificar" a suspensión preventiva de emprego e soldo dunha carteira de Boiro (A Coruña) "está actualmente no departamento de sancións" da empresa, que analiza "con detalle o caso" para "facer unha proposta de sanción final".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2016 | Actualizada ás 14:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Correos explicou este mércores que o informe realizado para "xustificar" a suspensión preventiva de emprego e soldo dunha carteira de Boiro (A Coruña) "está actualmente no departamento de sancións" da empresa, que analiza "con detalle o caso" para "facer unha proposta de sanción final".

Así o sinalaron a Europa Press fontes da empresa, que engadiron que "no seu debido momento" lle notificarán á persoa afectada a resolución final de sanción "co fin de que poida presentar as alegacións que considere".

Neste sentido, Correos aseguran que o informe segue "o curso normal deste tipo de procesos", en relación aos feitos acaecidos en Boiro a raíz da denuncia dunha cooperativa por non recibir notificacións.

Así, recordou que "seguindo os informes obtidos das investigacións e do seguimento do traballo da carteira que tiña que repartir a devandita correspondencia optou pola suspensión preventiva de emprego e soldo a esta persoa".

Por iso, a empresa xustificou que "toma medidas ao ter indicios de accións que vulneran" a súa normativa postal "e que van en contra" da súa "recoñecida vocación de servizo público e busca da excelencia na súa prestación".

"A empresa non tolera este tipo de accións, que son un feito illado e excepcional entre os seus máis de 50.000 empregados e 3.000 millóns de envíos que xestionamos ao ano", segundo conclúe.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta