USO denuncia a contratación para Inspección de Traballo dunha empresa investigada por fraude

O sindicato anuncia mobilizacións ante as dependencias do Ministerio de Emprego na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra pola contratación de Alcor Seguridad, "investigada por fraude á Facenda pública e á propia Seguridade Social, ademais de existir causas abertas por delitos contra os traballadores contra Alcor Seguridad".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/12/2016 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

O sindicato USO vén de denunciar que o Ministerio de Emprego e Seguridade Social adxudicou o contrato de vixilancia e seguridade para as dependencias das Inspecciónes de Traballo das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevadra á empresa Alcor Seguridad por un período de doce meses. O secretario de organización da Federación de Seguridade de USO, Iván Blanco, denuncia esta concesión da Administración, "ao estar esta empresa investigada por fraude á Facenda pública e á propia Seguridade Social, ademais de existir causas abertas por delitos contra os traballadores contra Alcor Seguridad". 

Protesta contra Alcor Seguridad
Protesta contra Alcor Seguridad | Fonte: FTSP-USO.

Esta contratación, critica Blanco, "é un exemplo máis de que as administracións públicas son as primeiras en «premiar» a este tipo de empresas incumplidoras dos convenios colectivos e dos dereitos dos traballadores". 

Ademais, o representante de USO cualifica de "paradoxal" esta contratación por parte dunha administración que "incoou multitude de expedientes a esta compañía de seguridade e ten o deber de facer respectar a normativa vixente en materia de traballo".

A Federación de Traballadores de Seguridade de USO, anuncia mobilizacións ante estas instalacións do Ministerio dentro da súa campaña contra as "empresas piratas" para protestar contra este tipo de contratacións e esixir a inclusión de clausulas sociais nos contratos públicos que eviten estas situacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta