Santamaría, Nadal e Montserrat liderarán este sábado unha reunión do PP en Barcelona, á que acode Feijóo

A vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, e os ministros de Enerxía, Álvaro Nadal, e de Sanidade, Dolors Montserrat, desembarcarán este sábado en Barcelona para participar nunha comisión do PP que está a elaborar o relatorio sobre política territorial e económica que debe abordarse no congreso pouplar de febreiro.

BARCELONA | 16/12/2016 | Actualizada ás 19:50 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, e os ministros de Enerxía, Álvaro Nadal, e de Sanidade, Dolors Montserrat, desembarcarán este sábado en Barcelona para participar nunha comisión do PP que está a elaborar o relatorio sobre política territorial e económica que debe abordarse no congreso pouplar de febreiro.

Segundo fontes populares, o encontro celebrarase pola mañá no Hotel Grand Marina e tamén contará co presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o exministro e dirixente do PP Javier Arenas; o coordinador do PP catalán, Xavier García Albiol; o líder do PP vasco, Alfonso Alonso, e o presidente da Rioja, José Ignacio Ceniceros.

Javier Arenas é o coordinador deste relatorio, do que tamén forman parte Albiol, Alonso e Cinceiros, e as citadas fontes apuntaron que a reunión será a porta pechada pero previamente haberá unha intervención aberta aos medios de comunicación.

Con este encontro, o PP e o Goberno central certifican a súa vontade de intensificar a súa presenza en Catalunya no marco da vontade de diálogo que expresou o Executivo liderado por Mariano Rajoy cara á Generalitat a través, entre outros, de Santamaría e do novo delegado do Goberno en Catalunya, Enric Millo.

As mesmas fontes indicaron que tamén se celebrarán en Catalunya as reunións preparatorias doutros relatorios do congreso do PP, como a de Estatutos e a de educación, da que forma parte a deputada no Parlament Andrea Levy.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta