Compromiso por Galicia organiza un novo Congreso en xaneiro

A formación galeguista, malia os malos resultados nas eleccións autonómicas, está convencida de que a súa semente acabará xerminando.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2016 | Actualizada ás 20:26

Comparte esta noticia

Compromiso por Galicia celebrou o seu cuarto aniversario cunha cea de fraternidade en Lugo na que participaron o secretario xeral, Xoán Bascuas; o de organización, Manoel Vello; e o de comunicación, Orlando Villamayor, entre outros.

Directivos de Compromiso por Galicia plantan unha árbore
Directivos de Compromiso por Galicia plantan unha árbore

O encontro serviu para conmemorar unha data tan especial para o partido galeguista, e tamén para falar sobre o II Congreso Nacional, que terá lugar o próximo 21 de xaneiro.

Os dirixentes de Compromiso por Galicia tamén promoveron un acto que simboliza o traballo que se está a facer dende a organización: a plantación dunha árbore, un teixo. 

"Estes catro anos de traballo son un patrimonio importante, unha semente que ten que xerminar. Estamos convencidos de que Galicia necesita unha opción como Compromiso e confiamos en que o segundo congreso sexa o inicio dunha etapa fértil para o galeguismo", apunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Patriot

Estos aún existen? Están como regaderas, nunca mejor dicho, regando un teixo que nunca escuché hablar de este arbusto. Seguid, por lo menos sois pintorescos, hahahaha. Sólo conozco al Bascuas, los otros qué estaban en su casa sin hacer nada? Claro, ganas de jugar a la política.

2 GALIZA UNIDA

A solución e a unión co boque os galegos non entenden ir por separado o nacionalismo ten que unirse, e por iso CxG caeu, tamen muita xente e xtonta ou teñen os miolos lavados pola televisión... que prefire votar expañolentos PODREIROS, CHUPADANOS, SOCIATAS, PEPEIROS que non queren a Galiza nin a defenden si se unisen e equilibrase o nacionalismo no bloque voltaria a subir moito, pois a marea e podreiros cada día están peor... xuntense co bloque busquen acordos e si non se consegue o primeiro día tente un-ha segunda vez para xuntar a todolos nacionalistas nun proxecto nun ideario patriótico como están facendo Bascos e catalans... temos que xuntarnos NACIONALISMO SI E A SOLUCION!!!

1 Home pequeno

Bascuas que tan criticon era cando tiña carguiño e todo noutro partido agora vai de mal en peor pero nada. Seguirá o proxecto local do alcaldiño e o resto xa se foron para a casa. Que tempos cando Bascuas presumia de ser 4ª forza politica de Galiza con Terra Galega e os transfugas que lle foran con el. Hasta lle perdoaba a vida a Beiras dicindolle que ainda tiña tempo de sumarse Beiras a el. Agora e a 14ª e baixando e o tipo tan pancho.