Deleite entrega 720 litros de leite ao banco de alimentos de Santiago

Deleite fixo entrega este mércores dun palé con 720 litros de leite ao Banco de Alimentos de Santiago de Compostela, segundo informou nun comunicado.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2016 | Actualizada ás 19:29 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Deleite fixo entrega este mércores dun palé con 720 litros de leite ao Banco de Alimentos de Santiago de Compostela, segundo informou nun comunicado.

Con iso, a marca cumpre o seu "compromiso" coa xente que, a través da páxina de Facebook, apoiou a campaña para entregar un litro de leite este Nadal por cada gústame'.

Ao final, a iniciativa sumou 2.592 gústame' e, por iso, son ese número de litros tamén os que Deleite Galego entrega agora aos bancos de alimentos.

Desta forma, xa se fixo entrega ao banco de alimentos de Pontevedra e ao de Santiago, este mércores. Este xoves será a quenda para o de Ferrol e a semana que vén, a marca impulsada por gandeiros galegos farao nos de Lugo e Ourense.

"Con esta iniciativa, en Deleite queremos nestas datas sinaladas que a xente que está a pasar dificultades non lle falte algo tan importante, básico e saudable como é o leite", manifestou Dosindo Rey, un gandeiro de Trazo que participou no acto de Santiago.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta