Temas: LEITE

Deleite lanza unha gama sen lactosa

A marca lanzada por un grupo de gandeiros galegos xa se comercializa en seis cadeas de super e hipermercados.

Por E.P. | LUGO | 23/12/2016 | Actualizada ás 21:03

Comparte esta noticia

Deleite presentou este venres en Lugo a súa nova gama de leite sen lactosa, de maneira que saca ao mercado variedades de semidesnatado e desnatado.

Presentación do leite sen lactosa de Deleite
Presentación do leite sen lactosa de Deleite

A nova gama presentouse nun centro comercial cun concerto do grupo galego De Vacas. Deleite está na actualidade á venda en supermercados do grupo Vegalsa-Eroski, Carrefour, Alcampo, El Corte Inglés, Le Clerc e grupo Cuevas, así como en tendas tradicionais e hostalaría.

Esta marca volveu ao mercado hai sete meses impulsada por unha trintena de gandeiros galegos agrupados na sociedade Leite Noso. Actualmente ofrece contratos estables a 12 meses con 41 granxas provedoras. Recentemente chegou a un acordo de recollida cunha cooperativa da provincia de Lugo que estaba a pasar dificultades.

Temas: LEITE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Marcelino del Val

Una muy buena noticia. Espero que vayan progresando y ampliando la gama de productos lácteos.