Axudas polo galego: La Voz e Faro suman un millón; toda a prensa dixital en galego 3.400€

A Xunta publicou o último día hábil do ano a resolución das súas subvencións aos medios para promocionar a lingua galega. Estas dúas liñas de axudas son faragullas en comparación coas ducias de millóns que reparte cada ano a Secretaría Xeral de Medios a través da publicidade e dos convenios a dedo. Con todo, son moi reveladoras de como o PPdeG e os grandes empresarios da comunicación se apoian mutuamente co diñeiro de todos.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 04/01/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A resolución da subvención para medios integramente en galego -tradicionalmente con liñas editoriais máis críticas co PP- suma 201.000 euros. As subvencións para medios en xeral 1,6 millóns. Esta diferencia de importe prodúcese malia que en teoría as dúas liñas de subvención comparten un fin: apoiar a difusión de noticias en galego.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

Regras de xogo a medida 

Para cobrar as subvencións, aos medios escritos en castelán chégalles con ceder á lingua propia un pequenísimo espazo: o 8%. Ademais, poden recibir axudas polas súas edicións dixitais.

A convocatoria de axudas para medios en galego crea unha serie de barreiras pola que na práctica case toda a prensa dixital en galego queda excluída. A maioría -salvo Sermos Galiza- non teñen edición impresa, polo que non poden acceder a  esta liña de axudas para cabeceiras integramente en galego. Estas axudas, a diferencia das axudas aos medios en castelán, só se dan para ediccións en papel, malia que hai lustros que a prensa dixital ten máis lectores ca prensa escrita.

Ademais, a maioría da prensa dixital en galego tampouco pode acceder á liña de axudas a medios en xeral porque tampouco declaran -salvo Sermos e Pontevedra Viva- máis de cinco traballadores en nómina. Resultado: a prensa dixital en galego suma pouco máis 3.400 euros de axudas (1.200 de Sermos e 2.200 de Pontevedra Viva)

Mar Sánchez Sierra, secretaria xeral de Medios, e Nuñez Feijóo
Mar Sánchez Sierra, secretaria xeral de Medios, e Nuñez Feijóo

Medios en castelán con menos audiencia cobran máis que medios en galego con máis audiencia

Así as cousas, o resultado final destas convocatorias é totalmente contrario ao que se pretende, polo menos en teoría. Grandes medios que discriminan o galego reciben importantísimas subvencións por promocionaren a lingua proia. Salvo o 25 de Xullo, cabeceiras como La Voz de Galicia (718.000 €) ou Faro de Vigo (305.000 €) relegan o idioma propio aos artigos de opinión e ás veces de cultura.

Pola contra, os medios dixitais en galego con importantes audiencias (por exemplo GC, Praza Pública, Que Pasa na Costa, Xornal do Val Miñor, etc.) non ven un peso. Por, en teoría, apoiaren o galego cobran incluso cabeceiras que son case exclusivamente en castelán e que, de acordo aos rankings de Alexa, teñen menos lectores que, por exemplo, GC. Por citar dous, Atlántico Diario (22.000 euros a través de Rías Baixas Comunicación) ou El Ideal Gallego e Diario de Ferrol ( 33.000 € a través de Editorial la Capital). 

Nin rastro de El Correo Gallego

A continuación figuran os importes recibidos por cada empresa nas dúas liñas de subvención. O criterio para establecer as cantidades é a difusión que cada medio di ter. Sorprende tamén a total ausencia das cabeceiras de Editorial Compostela (Radio Obradoiro, El Correo Gallego) Outro dos requerimentos era estar ao día do pago dos impostos.

LIÑA DE AXUDAS A MEDIOS EN XERAL (co compromiso de publicaren o 8% en galego os escritos e emitir o 50% en galego as radios)

Beneficiaria Importe
Radio Lugo, SA (Cadena Ser) 56,74
Radio Ourense, SA (Cadena Ser) 872,43
Europa Press Delegaciones, SA 1007,74
Sermos Galiza, SA 1226,38
Virtual Vedra Comunicación, SL (Pontevedra Viva) 2237,68
Radio Pontevedra, SA (Cadena Ser) 12491,26
Rías Baixas de Comunicación (Atlántico Diario) 22403,36
Editorial La Capital (El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa, DxT) 33555,87
Voz de Galicia Radio, SLU 43315,67
La Opinión de La Coruña, SLU 47940,61
Uniprex, (Onda Cero) 69870,22
Lérez Ediciones, (Diario de Pontevedra) 70088,17
La Región, SA 70575,79
El Progreso de Lugo, SL 135263,36
Radio Popular, COPE 139908,77
Faro de Vigo, SAU 305686,04
La Voz de Galicia, SA 718499,91
   
TOTAL 1.675.000

LIÑA DE AXUDAS A MEDIOS ÍNTEGRAMENTE EN GALEGO (só para medios impresos en papel e 100% en galego RAG)

Beneficiaria Publicación Importe
Atlántica de Información e Comunicación de Galicia, SA Tempos Novos 7540.75
Félix Jorquera Caselas, SL Terra Chá Xa 7569.51
Luzes, Xornalismo que Conta, SL Revista Luzes 7572.36
Ediciones Edisport, SLL A Louriña 7573.47
Ediciones Edisport, SLL Vigo Deportivo 7573.47
Libre Expresión de Medios de Galicia, SL Revista Amsgo! 7699.84
Conde Miranda, Ana Teovivo 7713.7
Arrincamos, SL Sprint Motor 7978.68
Underwood Media, SL Crónicas 7979.83
Publicaciones Tameiga, SL A Nova Peneira 8116.41
Publicaciones Tameiga, SL Hermes e Atenea 8116.41
Garherve, SL O Sil Ano 2000 8173.32
Grupo Código Cero Comunicación, SL Código Cero 8251.28
Publicidade Terceiro Milenio, SLU Xornal 21 8490.29
Adelaida Domínguez Mariño Xornal Galicia Sur Ourense 8655.86
Xornal Galicia Norte A Coruña, SL Xornal Galicia Norte A Coruña 8655.86
Letras a la Carta, SL Barrios Xinzo-Verín-Allariz-Celanova 8662.74
Grupo Distribuciones Asesor Marketing Publicitario, SL Xornal Galicia Sur Pontevedra 10021.68
Letras a la Carta, SL Ourense por Barrios 10142.37
Letras a la Carta, SL Barrios Deportivo 13311.14
Sermos Galiza, SA Sermos Galiza 31542.03
     
  TOTAL 201.341

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 38 comentarios

3 MAMORIA HISTÓRICA

Haría falta abrir un debate serio y sosegado, hoy imposible porque demasiados sinvergüenzas q viven de un supuesto apostolado del gallego verían amenazada su artificiosa y acomodada forma de vida (subvenciones, puestos de trabajo inútiles, etc.) para determinar si el gallego es en realidad lengua de cultura o esto no deja de ser un mero mantra impuesto por los anteriores para seguir sin dar palo y seguir expoliando los impuestos que pagamos todos. El gallego tiene alguna literatura aunque poca y carece de producción científica y técnica. Puede escribirse en gallego buen teatro y aceptable novela, pero... ¿dónde están, hoy por hoy?

1 Troleiro

Eu pregúntoche que leches hoxe por hoxe da literatura galega publicada nos últimos 5 anos? Thanks

2 MAMORIA HISTÓRICA

Ti, ti, titirití... Carissimi fratelli e sorelle, argumentum ad hominem = falacia retórica > daquella, si cabe, game over. Oye, tú del equidistante Blanco Valdés, ¿qué me opinas? ¿Home pequeno fol de, etc.?

3 Braisiño

Ti non debiches pasar por unha librería polo menos desde a 2ª Guerra Mundial. Patético: presumir de ignorancia e analfabetismo.

4 vaia vaia

E ti, paspán, que fas informándote neste medio en galego, anda que nos tés onde elixir 'en tu idioma'.

5 Nefelibata

Pois, iso habería que preguntalo con respecto a gran parte das linguas do mundo, agás o inglés, lingua por certo da ciencia e da tecnoloxía hoxe en día, por se non o sabes. Ademais, fíxate, los delaldea te solemos ser cultos y hasta te entedemos lenguas extranjeras además del castellano y el gallego. De verdade, que país. Habería que preguntarse por que perdemos o tempo explicando o evidente... Pero xa o explicou Castelao... Así que Feliz Ano Novo... Ai, non que ti debes preferir happyño new año.

6 Buffito

Las de la aldea, reconócelo, propendéis a lo que tradicionalmente se llamaron "ruraladas", tendencia que se exacerba cuando además se es nacionalista y se disparata en modo nacionalista ¿o no, bonitiña?

7 SSD

Fulano, mereces una bofetadilla para que espabiles tu paletismo, pues no hay peor cosa que alardear de una ignorancia tan profunda como la tuya. De un castellanohablante: VIVA O GALEGO!!!

8 Nefelibata

E ti por que sabes que son muller? E que descoñeces que nefelibata aplícase ás persoas independentemente do seu sexo... O dito, hai que ler máis... Escuso xa referencia ao sexista "bonitiña" que te retrata a ti e a túa falta de argumentos. E mire vostede, daldea te venimos siendo todos en Galicia porque aquí casi todos te venimos teniendo un avó daldea. Non coñecedes nin a historia de Galicia, porque de ser así saberiades do escaso número de habitantes das súas cidades ata principios do século XX... Sen contar que as clases populares destas falaban galego. E filliño, aquí a maioría vimos das clases populares. Con respecto ás ruraladas, que queres? Prefírooas á caspa.

2 Silvia

Unha nova que, por suposto, non me sorprende. Eu seguirei lendo, por suposto, diarios na miña lingua. Unha lingua que a diferenza do que se di por aí (falsamente!) é enriquecedora (cun máis que amplo vocabulario...outra cousa é que se coñeza debido ao noso precario sistema educativo). Calquera outro país ou rexión estaría orgulloso de ter unha lingua e cultura propios e faría o necesario para promocionalos. Nós os galegos vémolo coma unha pesada carga. Mágoa de xente.

1 MAMORIA HISTÓRICA

Ese millón está aínda lonxe dos TRES millóns de pavos TRES, q o bipartito lle dera ao sinvergonza do Tito. Por outra banda esquécese q os medios escritos en castelán cobran esas subvencións por usar, contra o criterio da RAE, toda a toponimia oficial galega e proscribir --a diferencia do ABC ou ES Radio q non o fan e tampuco cobran-- topónimos seculares cunha abrumadora cultura escrita como La Coruña, Finisterre, Orense, etc. Todo inútil pq os rapaces ven q o galego non vale para nada (apenas ten cultura escrita, carece de ciencia ou técnica, posúe un vocabulario limitadito, etc.) os profes mitineros de galego non son referente de nada, e prefiren unha lingua moi usada e non outra q sendo moi optimistas serve para abrirlles oportunidades nas favelas ou no negocio dos plátanos en Mozambique ou Angola.

1 Braisiño

Menudo cacao tés. En resume, ti, a favor ou en contra? Ou a favor, pero en contra? Ou a favor e á contra?

2 Nefelibata

Ti estás segura... Eu creo que foi unha conspiración do bipartito e os marcianos... Ollo, investiga por ese lado. Por certo, sabías que Angola é xa o máximo exportador de petróleo en África e unha das futuras potencias deste contintente? A ver se vas ter un fillo ao que lle vai ser útil o galego... Hai que ler, viaxar máis e ver series de calidade... Que pouco mundo! Curiosamente os que fan este tipo de comentarios son os que non len case nada e son incapaces de ver unha serie sen ser dobrada... Amigos, non perdamos máis o tempo con isto. E por certo, teño moitos coñecidos foráneos que cando escoitan a esta xente asómbranse... Buff, que caspa! Unha última cousa, os rapaces hoxe en día, agás unha minoría de ben educados, non ben útil nada....