Unha frixideira provoca un incendio nunha vivenda de Ames (A Coruña)

Unha frixideira ao lume provocou un incendio na cociña dunha vivenda no municipio coruñés de Ames, no lugar de Bertamiráns. Debido ao fume provocado polas lapas, dúas mulleres resultaron afectadas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2017 | Actualizada ás 20:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha frixideira ao lume provocou un incendio na cociña dunha vivenda no municipio coruñés de Ames, no lugar de Bertamiráns. Debido ao fume provocado polas lapas, dúas mulleres resultaron afectadas.

Sobre as 17,00 horas desta tarde, un particular alertaba ao 112 Galicia dun lume no primeiro piso dun edificio da Rúa Lapido. De inmediato, pasou aviso aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Brión, á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil. Igualmente, os Bombeiros de Santiago foron informados.

Finalmente, os efectivos do GES extinguiron o lume. Ardeu a campá extractora e un moble da cociña.

Urxencias Médicas indicou que unha ambulancia se desprazou ata o domicilio, pero as dúas persoas afectadas rexeitaron a asistencia sanitaria.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta