Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/01/2017 | Actualizada ás 10:00
Despois da fin de semana electoral no seo de EnMarea, son agora as dúbidas sobre a legalidade do proceso as que axexan as mentes dos case 2000 incritos na web esquerdalla. Tralos rumores de tongo que se puideron ler nas redes sociais durante as dúas xornadas de votación, agora é o turno dun clásico dos infiltramentos, o goberno ruso.
Segundo apuntan fontes confidenciais da Coruña, o Kremlin tería tentado, e pode que conseguido, inscribir a centos de persoas no censo mareil, podendo ter acceso así a participar das votacións. Isto, de acordo coas fontes consultadas por TemposGalegos, tería permitido o auxe nacionalista nos resultados, logrando estes máis dun 40% dos mesmos.
Desde o stalinismo oficialista, encarnado na FPG, partido que apoiaba a lista oficial, creen que os seus camaradas non poderían ter feito tal cousa, aínda que si concordan nas similitudes entre algúns dos gulags soviéticos e certas vilas da montaña interior galega.
Desde AhoraVoting, empresa encargada da xestión electoral do proceso, aseguran que calquera ruso podería ter tido posibilidade de votar, incluso sen estar inscrito, posto que eles foron os inventores da app Telegram, e non hai nada máis cidadanista que Telegram, e por tanto os propios rusos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.