Temas: TELEFóNICA R

Acabará R en mans de Vodafone?

Tras a adquisición da compañía galega por parte da vasca Euskaltel, Vodafone está investindo moi forte nas infraestruturas telefónicas do norte peninsular.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/02/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Un das grandes compañías telefónicas do Estado, Vodafone, está aumentando as súas inversións en todo o noroeste. Uns movementos que algúns analistas din que teñen que ver coa intención desta empresa de facerse con todo o mercado telefónico do norte peninsular, o que inclúe facerse con Telecable e Euskaltel, a actual propietaria de R.

Sen embargo, o conselleiro delegado de Vodafone España, Antonio Coimbra, descartou, polo momento, calquera operación de compra da compañía no mercado español das telecomunicacións, xa que considera que nestes momentos non ten sentido a integración doutra empresa do sector no grupo.

Nos últimos meses Vodafone despregou moita rede de fibra na zona de País Vasco, Asturias e Galicia. Por iso, a empresa di que non ten intención de comprar algunha das operadoras de cable do Norte de España, como Telecable ou Euskaltel, a actual propietaria de R.

Durante a súa participación no Mobile World Congress (MWC), Coimbra asegurou que non teñen sobre a mesa nin están a estudar ningún movemento destas características que poidan propor ao grupo. "Calquera acordo que se alcanzase na actualidade serviría para comprar clientes e non para lograr sinerxías cunha operación de integración", suliñou

Con todo, Vodafone non descarta a posibilidade de compra doutros grupos. Así, o conselleiro delegado de Vodafone España reiterou que o grupo sempre está dispoñible para estudar algunha operación de crecemento inorgánico "que teña sentido e sexa interesante".

Tenda de Vodafone en Galicia
Tenda de Vodafone en Galicia

Euskaltel e R

E isto acontece cando ao grupo Euskaltel vaille ben económicamente. A empresa vasca pecha 2016 cun beneficio neto de 62,1 millóns e propón distribuír un dividendo de 36 céntimos por acción no seu primeiro exercicio completo tras adquirir a operadora galega.

O grupo vasco é o provedor líder de servizos de banda ancha de alta velocidade con Euskaltel no País Vasco e R en Galicia. Ambas as empresas tamén son provedores líderes de servizos de televisión de pago en Euskadi e Galicia, de servizos móbiles e de telefonía fixa.

Temas: TELEFóNICA R
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta