Atinou a Xunta coa publicidade do Xacobeo?

“Ahora es cuándo, Galicia es dónde” é a versión castelán da frase principal macrocampaña de publicidade que o Goberno Galego estrou o 25 de Nadal deseñada pola axencia madrileña Ruiz Nicoli.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 29/12/2009 | Actualizada ás 06:15

Comparte esta noticia

Nos carteis distribuídos entre os medios impresos o slogan aparece con tiles. O dicionario da Real Academia Española indica que estas palabras (“cuándo” e “dónde”) só se deben acentuar cando teñen función interrogativa.

None

Para máis confusión, en varios foros de publicistas asegúrase que hai vallas publicitarias nas que aparece o slogan en castelán sen acentos. Por exemplo na T4 do Aeroporto de Barajas pode lerse “Ahora es cuando, Galicia es donde”. Así se denuncia, por exemplo, en Expreso y en  Puromarketing.com.

No sector da publicidade galego molestou que unha axencia madrileña, Ruiz Nicoli, levase a creatividade do Xacobeo, cando eran numerosas as compañías do país que se presentaron ao concurso e, en teoría, coñecían mellor que elementos vender do Ano Santo.

En todo caso, a Xunta prometeu que vai inxerir o anuncio en todos os diarios galegos e españois o último día do ano. Na televisión xa se pode ver un anuncio realizado pola tamén madrileña Gracia Querejeta.

 

Por outra banda, o alcalde de Santiago (o socialista Sánchez Bugallo)  xa expresou o seu malestar porque nin o slogan nin os carteis fan mención concreta á cidade de Compostela. A Xunta responde que a intención é facer que toda Galicia se beneficie, non só a capital.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

3 CHUaa

OTRO XACOJEROGLÍFICO: ¿y lo de la mermelada?, ¿eso de qué va?. Estos del Xacobeo tienen una mente un poco gaseosa. El anuncio es de una ñoñería que no merece ni comentarios.

2 Certo

Aos de Outes convénnos máis a versión en galego... Cando está enriba de Pontenafonso: http://certo.posterous.com/curiosid...

1 Iris

De atinar nada, o entenderan eles porque moita xente non. Preguntandolle a familiares e amigos que viven no País Vasco, Cataluña, Valencia, ... saben que o 2010 é o Xacobeo porque o 25 de xullo cadra en Domingo e polas conversas que temos que si é polo anuncio da Xunta poderian pensar que se trata dunha campaña turística calquera. Eso pasa por deixar todo en máns de xente que non coñece nin Galiza nin o significado do que se fai aqui, nin moito menos coñece o que implica o Xacobeo e ter unha cultura e un idioma propio.