A Agadic colabora co programa de actividades dos Premios de Teatro María Casares

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) colabora un ano máis coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) na organización do programa de actividades vinculado aos Premios de Teatro María Casares, que este ano celebran a súa vixésima primeira edición.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2017 | Actualizada ás 18:34 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) colabora un ano máis coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) na organización do programa de actividades vinculado aos Premios de Teatro María Casares, que este ano celebran a súa vixésima primeira edición.

Convenio Agadic María Casares
Convenio Agadic María Casares | Fonte: Europa Press

Os galardóns, que recoñecen o labor desenvolvido polo sector teatral galego durante o ano 2016, entregaranse no Teatro Rosalía Castro da Coruña o próximo 29 de marzo.

O director da Agadic, Jacobo Sutil, e o presidente da AAAG, Ernesto Chao, asinaron este venres o convenio de colaboración polo que a Xunta de Galicia contribúe á realización de diferentes accións promocionais relacionadas coa convocatoria destes galardóns.

O punto culminante será a cerimonia durante a que se coñecerán os gañadores no catorce categorías ás que optan 13 espectáculos, ademais de facerse entrega do Premio de Honra Marisa Soto ao director teatral e dramaturgo Eduardo Alonso.

Entre os finalistas desta edición, á que se presentaron candidaturas de 44 espectáculos e preto de 400 profesionais, destacan 'O tolleito de Inishmann', de Contraproducións co FIOT Carballo, con 11 candidaturas; 'Eroski Paraíso', de Chévere, que aspira a oito galardoes, e 'Raclette', de Ibuprofeno Teatro, con cinco. Este tres producións dispútanse os apartados a mellor espectáculo e dirección.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta