O inglés dos nosos políticos

O Goberno de Feijóo acaba de optar por un sistema trilingüe galego-español-inglés para a educación. Sen embargo, a maioría dos políticos galegos e os principais líderes españois obteñen un suspenso neste idioma.

Por Xurxo Salgado | Santigo | 14/01/2010 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

O propio Feijóo recoñece non saber esta lingua. Ollade no minuto 2.40 deste video. "Do you think the Spanish Democracy is healthy?", preguntánlle a Feijóo. A resposta: No te he entendido. O reporteiro insiste: Do you think Spanish Democracy is in a good condition?. A resposta: Que no te he entendido. Te he dicho.... Ok, thank you very much, despidese o reporteiro:

None

 

 Tampouco o seu antecesor no seu cargo, Emilio Pérez Touriño, dominaba este idioma. Unha situación completamente diferente a do ex presidente Manuel Fraga, que foi embaixador no Reino Unido, e que presumía de ler todos os días xornais neste idioma e de falar sete linguas.

Pero o caso de Feijóo, que di coñecer o francés, non é aillado se o comparamos coa política española. No ámbito autonómico só Esperanza Aguirre supera á media xa que fala inglés (estudiou no Instituto Británico), francés e ten nocións de italiano e catalán. O presidente andaluz, José Antonio Griñán fala inglés e italiano e o basco, Patxi López di "defenderse" en inglés e está aprendendo euskera.

En España son moitos os políticos que non saben nada da lingua que moitos aseguran que é fundamental para a educación, comezando polo propio presidente do goberno. E é que Zapatero ten fondas dificultades para desenvolverse neste idioma. Xa as tiña no seu primeiro mandato:

 

 

E continúa neste segundo, como aconteceu no recente cumio do de líderes internacionais onde a súa incapacidade co inglés o levou a quedar aillado:

 

Pero tampouco o líder da oposición, Mariano Rajoy, aproba esta materia. El mesmo recoñeceu no programa 'Tengo una pregunta para usted' que non sabía inglés. Na rede xa hai montaxes nas que mesturan a Rajoy e ao dirixente do maior banco español, o Santander, Emilio Botín, quen tampouco domina este idioma:

 

En youtube tamén se pode ver videos críticos co descoñecemento que do inglés teñen os dous máximos líderes políticos do Estado:

 

Pero o máis coñecido presidente "multilingüe" de España foi José María Aznar que logo da súa amistade con George Bush decidiu aprender este idioma e foi á universidade de Georgestown a impartir conferencias:

 

 De feito Aznar tamén se lanzou a falar en texano, italiano, alemán e mesmo catalán:

 

En Resume. Así está o estado de coñecemento lingüístico dos nosos principais políticos:

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

19 Ánsar le poligloté

A mín gostabame moito o inglés aznariano (que mira si era políglota que ata falaba catalán na intimidade). Ou o castelán de texas...hemos estadou hoy justamenteee trabajandou en ellou... http://www.youtube.com/watch?v=GCAp... e tamén http://www.youtube.com/watch?v=eNdo...

18 essae

Emigrante, pois non me extraña o que conta. Se non sabe galego o Delegado da Xunta en Bós Aires entón a Feijóo gostaríalle especialmente. Non hai maior desprecio que non ter aprecio. Seguro que isto pesou para darlle o posto. É a LEI DON ANTICURRÍCULO. Feijóo na súa viaxe de Arxentina e Uruguai falou nun castelán de Barrio de Salamanca que deixou a tódolos emigrantes consternados. Dende logo estes do PP xa non poderán dicir GALEGO COMA TI. Porque este señor é un apátrida robotizado.

17 Emigrante

De que estan hablando si el Delegado da Xunta de Galicia Alejandro Lopez en Bos Aires no sabe nada de gallego !!!

16 Filipe

Estimada Carla: Coñezo moitos nacionalistas multilingües, e moitos "defensores de la unidad de la patria" que non dominan ben nin sequera o español. Por favor, non recorras a reducionismos tan facilóns como falsos. Por certo, eu falo galego, portugués e español a nivel nativo; deféndome razoablemente en inglés e francés; e comunícome en italiano e catalán. Só que -mira ti que casualidade!- no meu día a día, só falo galego. Imaxino que iso me converterá niso que ti chamas "paleto" e "ignorante". Curioso razoamento: os que sabemos as dúas linguas faladas neste país somos os "paletos"; os que só sabedes unha, sodes os "cidadáns do mundo". Debe ser o primeiro caso no mundo no cal os monolingües acusan os demais de seren menos cultos ca eles, en vez de tentar poñerse á súa altura. Cousas veeredes...! Saúdos e reflexión.

15 Venizelos

Beiras estudiou na Sorbona e Felipe González penso que tamén... se os máis paletos sodes vós os españoleiros que pensades que co castellano se vai a todo o Mundo, e despois dades vergonza allea ó escoitarvos berreando en calquera aeroporto. Veña ho, ir ás piñas!