O inglés dos nosos políticos

O Goberno de Feijóo acaba de optar por un sistema trilingüe galego-español-inglés para a educación. Sen embargo, a maioría dos políticos galegos e os principais líderes españois obteñen un suspenso neste idioma.

Por Xurxo Salgado | Santigo | 14/01/2010 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

O propio Feijóo recoñece non saber esta lingua. Ollade no minuto 2.40 deste video. "Do you think the Spanish Democracy is healthy?", preguntánlle a Feijóo. A resposta: No te he entendido. O reporteiro insiste: Do you think Spanish Democracy is in a good condition?. A resposta: Que no te he entendido. Te he dicho.... Ok, thank you very much, despidese o reporteiro:

None

 

 Tampouco o seu antecesor no seu cargo, Emilio Pérez Touriño, dominaba este idioma. Unha situación completamente diferente a do ex presidente Manuel Fraga, que foi embaixador no Reino Unido, e que presumía de ler todos os días xornais neste idioma e de falar sete linguas.

Pero o caso de Feijóo, que di coñecer o francés, non é aillado se o comparamos coa política española. No ámbito autonómico só Esperanza Aguirre supera á media xa que fala inglés (estudiou no Instituto Británico), francés e ten nocións de italiano e catalán. O presidente andaluz, José Antonio Griñán fala inglés e italiano e o basco, Patxi López di "defenderse" en inglés e está aprendendo euskera.

En España son moitos os políticos que non saben nada da lingua que moitos aseguran que é fundamental para a educación, comezando polo propio presidente do goberno. E é que Zapatero ten fondas dificultades para desenvolverse neste idioma. Xa as tiña no seu primeiro mandato:

 

 

E continúa neste segundo, como aconteceu no recente cumio do de líderes internacionais onde a súa incapacidade co inglés o levou a quedar aillado:

 

Pero tampouco o líder da oposición, Mariano Rajoy, aproba esta materia. El mesmo recoñeceu no programa 'Tengo una pregunta para usted' que non sabía inglés. Na rede xa hai montaxes nas que mesturan a Rajoy e ao dirixente do maior banco español, o Santander, Emilio Botín, quen tampouco domina este idioma:

 

En youtube tamén se pode ver videos críticos co descoñecemento que do inglés teñen os dous máximos líderes políticos do Estado:

 

Pero o máis coñecido presidente "multilingüe" de España foi José María Aznar que logo da súa amistade con George Bush decidiu aprender este idioma e foi á universidade de Georgestown a impartir conferencias:

 

 De feito Aznar tamén se lanzou a falar en texano, italiano, alemán e mesmo catalán:

 

En Resume. Así está o estado de coñecemento lingüístico dos nosos principais políticos:

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

9 Carla

Si, si, mucho criticar a Feijóo pero no decís nada de Zapaterito y su inexistente inglés o su incomprensible francés. ¡Ah!, y los de bloque saben algo que no sea gallego. Eso si que es monolingüismo y paletismo en estado puro.

8 jeso

Esta é unha das situacións do tema lingüístico. Eu son empresario do sector tecnolóxico e non son capaz de contratar xente que saiba falar e escribir "correctamente" en galego, porque non a hai. A xente pon nos currículums a seguinte frase incomprensible: Castellano: nivel muy alto, idioma materno. Gallego: nivel muy alto, idioma materno. Entón un queda anonadado e eu ás veces quero preguntarlles si tiñan dúas nais ou como era a cousa. Pero en canto chamo ao candidato por teléfono vexo que de galego nin papa, cero patatero. E, como lles pida que escriban un texto, entón, xa alucino coas faltas. Iso sí, nos currículums agora está de moda iso de idioma materno para todo. Agora empezarán a poñer inglés: idioma materno. Feijóo veña a sementar a confusión alí onde vai en lugar de traballar, que PARA ISO LLE FALAMOS OK?

7 CHUaa

Todos sabemos que non foi o coñecemento do inglés o que levou a Feijóo a converterse en presidente da Xunta, e a Baltar, a Fraga, a Rajoy, a Zapatero, a Sarkozy, a AMANCIO ORTEGA... a converterse en políticos ou en grandes empresarios... (Amancio Ortega tampouco sabe nen papa de inglés) E logo o tema da utilidade é demagóxico. Os universitarios galegos todos teñen un nivel de inglés que lles sirve para o que todos sabemos, dende o punto de vista laboral. En principio para ser un máis. Aquí o que val é a diferenciación: saber árabe, chinés, xaponés, etc. Ou senón ter un pai que xa che ten preparado o postiño, ou... O propio responsable de relacións exteriores do PP español confesou que o seu nivel de inglés era bastante moderado. Entón ¿a qué xogan?.

6 Uiann

E vendo este video de Feijóo alguén dubida que sexa UN CHULO RADICAL. É chulo e borde até a saciedade. Claro que con la Aguirre ayer estaba como para partir un piñón. ¿Por qué será?. E a cara de susto que pon Ana Pastor demostra tamén a idea de inglés que ten a señora. Pois eu propoño que o señor Feijóo dé unha terceira parte dos seus discursos en inglés. Así polo menos temos programa de humor gratis tódolos días.

5 Traballador

Pois xa que o sabes, "cho vou a decir": eis o triunfo da gañanancia no seu estado máis puro.