A Xustiza non ditou ningunha sentenza por corrupción en Galicia o pasado ano 2016

A Justicio non ditou ningunha sentenza por delitos de corrupción en Galicia durante o pasado ano 2016, segundo publicou este xoves o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) no seu balance anual.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2017 | Actualizada ás 14:41 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Justicio non ditou ningunha sentenza por delitos de corrupción en Galicia durante o pasado ano 2016, segundo publicou este xoves o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) no seu balance anual.

Este informe apunta que, ao longo de 2016, abríronse un total de catro procedementos por delitos de corrupción na comunidade galega, nos que estiveron ou están acusadas 14 persoas.

Deste xeito, Galicia sitúase, empatada con Asturias, no oitavo lugar no ranking de comunidades autónomas con maior número de procesos abertos por delitos de corrupción; unha clasificación que lidera Baleares seguida pola Comunidade Valenciana, Andalucía e Castilla-La Mancha.

Así, das 104 sentenzas xudiciais en procedementos por corrupción ditadas polos xuíces e xuízas en 2016 en España, ningunha foi en Galicia. Comunidade Valenciana, Canarias, Castilla-La Mancha, Murcia, Navarra, País Vasco e La Rioja tampouco rexistraron ningunha sentenza en casos de corrupción.

DATOS ESTATAIS

En canto aos datos a nivel estatal, o CPGJ sinalou que o 76 por cento das 104 sentenzas ditadas en 2016 por delitos de corrupción foron condenatorias, á vez que aputa que neste tempo concluíronse un total de 112 procesos sobre esta materia.

Segundo o informe, nos últimos doce meses ditouse auto de xuízo oral contra 659 persoas que foron ou serán levadas a xuízo por delitos como suborno, prevaricación urbanística -é dicir, delitos contra a ordenación do territorio, urbanismo, medio ambiente e patrimonio histórico- prevaricación administrativa, tráfico de influencias e malversación, entre outros.

Dos 112 procedementos por corrupción cuxa instrución ou fase de investigación finalizou o ano pasado, 21 corresponden ao último trimestre de 2016, segundo o repositorio que recolle por primeira vez todos os datos relativos ao anterior ano e que se poden consultar na páxina web www.poderjudicial.es.

BALEARES, Á CABEZA

Por comunidades, Baleares é a que presenta un maior número de procedementos por estes delitos alcanzando os 18. Séguenlle Comunidade Valenciana con 15, e Andalucía e Castilla-La Mancha, con 12 cada unha. Trátase de procedementos instruídos en xulgados de primeira instancia, xulgados de instrución e tribunais superiores de xustiza.

En canto ás persoas acusadas -que ascenden a un total de 659-, os xuíces ditaron auto de procedemento ou apertura de xuízo oral contra 203 nos órganos centrais do Tribunal Supremo e Audiencia Nacional. Por comunidades autónomas, de novo Baleares segue á cabeza con 97 persoas; séguenlle Canarias, Andalucía e Asturias con 61, 61 e 59, respectivamente. Destacan as comunidades de Cantabria e Navarra que non contan con ningunha persoa procesada por este tipo de delito.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta