A Deputación da Coruña convoca 20 bolsas para incentivar a investigación

A área de Cultura da Deputación da Coruña convocou 20 bolsas, de 8.000 euros cada unha, "co fin de incentivar a investigación en distintas áreas tanto de ciencias sociais como experimentais ou lingüísticas".

A CORUÑA | 27/03/2017 | Actualizada ás 19:59 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A área de Cultura da Deputación da Coruña convocou 20 bolsas, de 8.000 euros cada unha, "co fin de incentivar a investigación en distintas áreas tanto de ciencias sociais como experimentais ou lingüísticas".

Deputación da Coruña convoca 20 bolsas para incentivar investigación
Deputación da Coruña convoca 20 bolsas para incentivar investigación | Fonte: Europa Press

En total, serán catro os proxectos de ciencias e outros tantos de ciencias da saúde que terán apoio para o seu desenvolvemento; tres de ciencias sociais e xurídicas, tres de humanidades e dúas doutro tres áreas contempladas na convocatoria, xénero, planificación sociolingüística da lingua galega e enxeñaría e arquitectura.

Nun comunicado, a vicepresidenta provincial e responsable da área de Cultura, Goretti Sanmartín, asegura que o obxectivo é "apoiar a persoas que queiran desenvolver proxectos de investigación nos diferentes ámbitos, pero que se atopan con serias dificultades de financiamento".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 faustino galviano

non é certo, titulados en filosofía non poden acceder