A CORUÑA | 28/03/2017 | Actualizada ás 08:00 por EUROPA PRESS
A Universidade da Coruña (UDC) celebrará nos meses de marzo e abril as eleccións para a dirección de centros e departamentos, segundo informou o reitor, Julio Abalde, tras a celebración do Consello de Goberno.
En concreto, os departamentos celebrarán a xornada electoral o próximo 28 de marzo, mentres que nos centros nos que se elixa nova dirección serán entre o 3 e o 7 de abril.
Da orde do día, o reitor explicou que se informou favorablemente á proposta do cambio de nome da titulación oficial da ETS de Náutica e Máquinas do Grao en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítima que pasa a ser Grao en Náutica e Transporte Marítimo por resolución xudicial.
CRITERIOS DE ADMISIÓN
Ademais, aprobouse o procedemento de admisión á UDC no próximo curso cunha normativa que afecta os estudantes de segundo de bacharelato e que establece a ponderación das materias para facer o cálculo das notas de acceso.
O reitor explicou que a nova normativa mantense similar con respecto á anterior e subliñou tamén que é a mesma en todo o Sistema Universitario Galego. Sobre esta cuestión, lembrou tamén que "as materias específicas teñen distinta ponderación en función da titulación do estudante".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.