Freixanes apunta que a incorporación de dúas mulleres impediu un pacto na Academia

O novo presidente da Real Academia Galega (RAG) acusa aos críticos que se ausentaron da súa elección de facelo por "cuestións moi persoais" dun pasado que non superaron.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2017 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

O novo presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, apelou a superar as divisións existentes na institución que quedaron evidenciadas esta semana na sesión plenaria da RAG, da que se ausentaron seis académicos polas súas discrepancias co proceso electoral desenvolvido.

O presidente da RAG, Víctor Freixanes
O presidente da RAG, Víctor Freixanes | Fonte: Europa Press

LIÑA VERMELLA

Nunha entrevista da Radio Galega, Victor Freixanes rexeitou as críticas do sector crítico e asegurou que negociou con eles para tratar de integralos no seu equipo, pero marcando como liña vermella a incorporación de dúas mulleres á directiva. "Na Academia hai que reflexionar en serio, na sociedade en xeral hai que reflexionar moi en serio sobre o tema da muller", subliñou.

Nesta mesma liña, defendeu que, "simbólicamente", é "moi importante ter ás mulleres aí". "Dáse a casualidade de que do máis vivo que temos na Academia, do máis activo e do máis renovador son dúas persoas que veñen nesa candidatura, que son Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey", asegurou, xusto antes de remarcar que ambas "non estiveron en conflitos anteriores".

Así mesmo, recoñeceu que lle gustaría que o críticos --nove académicos ausentáronse esta semana do plenario, dos que tres escusaron a súa asistencia-- estivesen na votación, aínda que fose para oporse ao seu nomeamento.

Marilar Aleixandre
Marilar Aleixandre | Fonte: IES MANUEL GARCÍA BARROS A ESTRADA Wikimedia

En todo caso, Freixanes circunscribe a división na Academia a "cuestións persoais de persoas moi concretas" que, na súa opinión, non superaron vellas feridas. E aínda que non foi posible esta vez chegar a un acordo, afirmou que non perde a esperanza de conseguir a unidade de acción de todos no traballo diario da institución.

"EXTRAORDINARIO TRABALLO" DO ANTERIOR EQUIPO

O novo presidente da RAG cualifica a súa candidatura de "continuista" porque entende que o equipo anterior fixo un "extraordinario traballo".

Así mesmo, demandou á sociedade civil unha "maior implicación" coa Academia e apostou pola colaboración de empresas persoais no desenvolvemento de proxectos da RAG, a semellanza do que xa pasa noutras institucións desta natureza: "Por que non podemos traballar como traballamos na universidade ou na empresa, chegando a acordos con empresas para desenvolver proxectos? Por que as empresas galegas ou estamentos financeiros non poden apoiar economicamente para desenvolver proxectos?".

A diferenza da opinión expresada por Méndez Ferrín, o novo presidente da RAG entende que a institución non corre risco, pero si recoñece que necesita máis recursos. Sen renunciar a solicitar máis fondos públicos, explicou que no País Vasco e Cataluña, coa mesma asignación do Goberno Central que Galicia, conseguen máis diñeiro porque, desde a sociedade civil, hai "empresas e institucións persoais que apoian ás academias e fináncianas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Bufffff

No fondo pensan que mais vale un home que sete mulleres; ou que el hombre propone, Dios dispone, y la mujer todo lo descompone. Dios me aparte de ser feminista e partidario da ideoloxía de xénero, pero unha cousa son eses excesos e outra crer que os homes deben ter mais dereitos que as mulleres. Pa flipar, rapaces.

2 Ourensan

Por que non falades disto? La esposa de Baltar irá a juicio el 5 de julio María José Caldelas, exdiputada del PP y eposa del presidente de la Deputación de Ourense, Manuel Baltar, irá a juicio el próximo 5 de julio. La acusación solicita más de tres años de prisión para la también empresaria por dos presuntos delitos de falsedad documental. El caso hace referencia al pub que adquirió Caldelas en la céntrica Praza das Mercedes y que regentó entre 2008 y 2011. Los antiguos propietarios denuncian que la exdiputada falsificó sus firmas para obtener las licencias municipales que le permitían acometer la reforma de las instalaciones, con la incorporación de diez veladores y protección acústica, informa la edición ourensana de La Voz de Galicia. http://galicia.economiadigital.es/p...

1 PATIO DE ESCOLA

o dito non teñen prestixio ningún... e son de índole machista! ... NIN UN EURO A ESTA TROPA!!!!- desde que o ferruxe de vieiro-podreiro pasou por ise sitio e o seu complice o comunista-dependentista nonteira de expañol pasou pola butaca do RAG... deixaron de ser un.ha academia para non seres mais co CLUBE DA COMEDIA... están chupando moitos millons de euros do presuposto, esta pintando o indio (o indio cipaiuno) CAERON EN EXPAÑOL!!!!