A Xunta defende a conexión da AP-9 coa Vía Ártabra na Gándara por achegar "maior seguridade e menor afección"

En Marea discrepa con que sexa "o único punto posible" e lembra a desconformidade do Concello de Cambre

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2017 | Actualizada ás 14:18 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, defendeu a conexión da autoestrada AP-9 coa Vía Ártabra na Gándara porque achega, segundo dixo, "maior seguridade e menor afección".

Respondeu así ás críticas do viceportavoz de AGE, Antón Sánchez, quen, nunha pregunta na comisión de obras públicas, sinalou que o seu grupo discrepa de que ese sexa "o único punto posible", e lembrou a desconformidade do Concello de Cambre.

"Os técnicos consideran que é o único caso no que o Concello pide a alternativa de maior afección: Catro Camiños en lugar da Gándara. Causa certa perplexidade", subliñou o responsable da axencia de infraestruturas, na súa quenda.

Por iso, Menéndez, na súa intervención, apuntou que a administración autonómica está "a tentar levar adiante este proxecto, que dá sentido --dixo-- ao investimento feito ata agora".

Por outra banda, atendeu ás cuestións de Sánchez sinalando que o proxecto construtivo "non conta e non prevé" que haxa unha área de peaxe.

ACCESO AO PORTO DE LORBÉ

Na mesma comisión, o deputado do BNG Xosé Luís Rivas 'Mini' interrogou tamén a Menéndez sobre o último tramo da Vía Ártabra, que dá acceso ao porto de Lorbé.

O responsable da Axencia felicitouse de que este luns entrou en servizo, e valorouna como unha actuación "longamente esperada", que se viu afectada por "vicisitudes" que afectaron o prazo "máis aló" do que a Xunta querería.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta