Unha colisión frontal sáldase con catro persoas feridas en Ordes (A Coruña)

Catro persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado este martes ao chocar frontalmente dous turismos no municipio de Ordes (A Coruña).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2017 | Actualizada ás 14:14 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Catro persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico rexistrado este martes ao chocar frontalmente dous turismos no municipio de Ordes (A Coruña).

Segundo informou o 112 Galicia, varios particulares alertaron do accidente ao servizo de emerxencias minutos antes das 12,00 horas. Segundo as testemuñas, un dos vehículos envorcou despois de dar varias voltas de campá, na N-550, quilómetro 32, en Leira.

Por parte do Centro de Atención ás Emerxencias, tras recibir a chamada de alerta, puxéronse os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Ordes e da Garda Civil de Tráfico. Tamén se informou ao servizo de mantemento da estrada.

En concreto, o 061 desprazou ao lugar dúas ambulancias e un médico de Atención Primaria para atender ás persoas feridas neste sinistro, segundo indicaron fontes sanitarias.

CHOQUE

Por outra banda, case á mesma hora, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous turismos en Bugallido, concretamente, na DP-0205, á altura do municipio coruñés de Ames. Neste caso, unha muller resultou ferida.

O 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias e a dos axentes de Tráfico. Así mesmo, solicitou a colaboración dos efectivos do GES de Brión e requiriu a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta