SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2017 | Actualizada ás 18:21 por EUROPA PRESS
Un incendio forestal permanece activo na tarde deste xoves na parroquia de Isorna do municipio de Rianxo (A Coruña), que supera as 20 hectáreas afectadas, segundo informou a Consellería do Medio Rural.
Ademais, o incendio forestal declarado ás 18,00 horas do mércores no termo municipal de Avión (Ourense) permanece controlado desde as 5,13 horas deste xoves na parroquia de Nieva.
Segundo as últimas estimacións facilitadas pola Consellería do Medio Rural este lume afecta a 40 hectáreas de superficie, das cales 39 son de monte raso e unha de arboledo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.