Temas: EQUO CAZA

Protesta contra as “corruptelas” que permiten un campo de tiro nunha fraga

Veciños e o Comité de Defensa das Rías Altas covocaron manifestación o vindeiro día 28 de maio en Laracha. O partido ecoloxista Equo Galicia dá o seu apoio e denuncia “o gravísimo atentado contra unha das fragas máis singulares de Galicia que se consumará coa construción do campo de tiro”.

Por Galicia Confidencial | Laracha | 04/05/2017 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Tamén critican as “corruptelas por parte do Concello de Laracha no outorgamento da licenza para o proxecto de campo de tiro en Vilar de Fraga”. As obras do campo reanudáronse, malia que o asunto está na Fiscalía de Medio Ambiente.

Fraga de Soandres e construción
Fraga de Soandres e construción | Fonte: Equo

Os defensores da fraga  lembran que está formada por árbores autóctonas centenarias rodeadas dunha riquísima biodiversidade, onde se poden atopar máis de 60 especies catalogadas como de interese especial. Na súa opinión, a construción do campo de tiro suporía a súa destrución e a desaparición do valioso ecosistema que alberga. 

Temas: EQUO CAZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta