SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2017 | Actualizada ás 19:49 por EUROPA PRESS
O 'Codigo Ictus' activouse nun total de 1.052 ocasións desde a súa creación o pasado verán. Nelas, realizáronse 324 tratamentos de fibrinólise intravenosa -técnica de recanalización vascular- e 82 trombectomías -intervención para recanalizar a obstrución que produce o ictus-.
Segundo informa o Executivo autonómico nun comunicado, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, deu conta este xoves ante o Consello da Xunta dos datos dos primeiros meses de implantación do plan, que busca reducir a mortalidade nos casos de ictus mellorando a coordinación e acurtando os tempos de reacción e mobilización dos servizos de emerxencia.
Ademais, o Consello aprobou a creación do Rexistro Gallego de Ictus, que permitirá a realización de "análise epidemolóxicas e de autoevaluación" para a mellora na atención desta patoloxía.
Así mesmo, unha Comisión de Expertos avaliará o funcionamento do plan e velará polo seguimento do rexistro, no que deberá figurar o centro que realiza a chamada, a hora de inicio dos síntomas, o hospital de primeira atención, a hora de chegada a este e o tipo de ictus, entre outros parámetros.
DIXITALIZACIÓN DO ARQUIVO DA CORUÑA
Por outra banda, o Consello da Xunta tamén deu luz verde á creación dun expediente de contratación para a dixitalización de 454,000 historias clínicas da EOXI da Coruña.
O orzamento da actuación ascende a máis de 6,6 millóns de euros e conta cun prazo de execución ata o ano 2021. Coa dixitalización desta documentación, os profesionais poderán consultar a historia clínica dos pacientes en formato electrónico todos os días do ano.
CENTRO MÉDICO DE FORCAREI (PONTEVEDRA)
Por último, na reunión do Executivo autonómico deste xoves tamén se aprobou a aceptación da cesión do terreo e o inmoble do centro de saúde do municipio pontevedrés de Forcarei.
Deste xeito, o Concello de Forcarei cede de forma gratuíta este centro ao Servizo de Galego de Saúde. Trátase do primeiro dun total de 18 centros de saúde cuxos custos de mantemento serán asumidos polo Sergas, segundo anunciou este ente hai unhas semanas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.