Otamendi: "algún día un tribunal internacional xulgará aos que torturan en España"

O director do xornal Berria e ex director de Egunkaria, Martxelo Otamendi, denunciou o trato que recibiu mentres estivo encadeado e asegura que as torturas que se producen a moitos detidos bascos serán investigadas no futuro por tribunais internacionais.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 20/04/2010 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Otamendi denunciou que foi torturado durante varios días pola Policía cando foi detido e incomunicado en 2003 acusado de pertencer a ETA. O xuiz del Olmo decidiu entón o peche de Egunkaria ao considerar que era financiado pola banda terrorista e decretou prisión para dez dos seus directivos.

O pasado 14 de abril, a Audiencia Nacional absolvía aos acusados e consideraba ilegal o peche, entón, do xornal basco. "O único argumento para acabar con Egunkaria era que estaba escrito en euskera", apuntou Otamendi ao suliñar que todas as probas que o vinculaban con ETA resultaron ser falsas.

O xornalista basco, que participou nunha conferencia en Santiago para narrar esta experiencia, acusou ás forzas de seguridade de torturalo e ao xuíz del Olmo de ser cómplice por non facer nada para evitalo.

Torturas

Neste sentido, denunciou as "torturas sistemáticas" que sufren os cidadáns bascos que son acusados de pertencer a ETA, "tanto jóvenes como periodistas" e cifrou en máis de 7.000 os "torturados" pola policía desde que se instaurou a democracia. Unha situación, dixo, que pode ser investigada no futuro por un tribunal internacional. "Agora está pasando en Arxentina onde xa hai máis de 700 membros do Exército xulgados por torturas. O mesmo pode pasar aquí dentro duns anos e un ex ministro de Finlandia, unha diputada de Singapur ou un catedrático de Bolivia poden investigar as torturas ás que foron sometidos os cidadáns bascos nestes últimos anos", asegurou.

Otamendi quixo diferenciar entre os que son membros da organización terrorista e os que son acusados de pertencer a ela sen probas, como dixo que foi o seu caso. "É normal que a un que atopen con 40 quilos de dinamita pois poida ser de ETA, pero a unha persoa coma min que me acusen de pertencer a ETA por dirixir un medio en euskera non é lóxico", apuntou.

Así relatou que, no seu caso, foi incomunicado pola policía durante cinco días e que o someteron a un trato vexatorio que incluíu simulacros de asfixia, exercicios físicos abusivos e insultos.

Apoio popular

Ademais, suliñou que as detencións dos directivos de Egunkaria e o seu peche provocaron unha reacción popular sen precedentes en Euskadi o que provocou que 25.000 perosas axudaran, a través de accións, a recaudar case seis millóns de euros para publicar un novo xornal; Berria. "O que conseguiron foi que venderamos moitos máis xornais, que tiveramos máis cartos e que poideramos lanzar ata edicións locais", lembrou.

Tamén asegurou que o peche do xornal e as súas detencións provocaron unha reacción de apoio en todo o mundo con numerosas entrevistas nos máis prestixiosos xornais internacionais como o New York Times, The Washington Post, The Guardian, The Times ou Le monde, entre outros moitos.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

19 Anónimo

Eso, eso, ¿Por qué los del CAF no ofrecen dar una conferencia a los padres de M.A. Blanco? Al menos estos si que son gallegos

18 Arenga

Como lhes amola a alguns que saiam novas (já que é por todos conhezido inda que alguns fagam-se o tolo) sobre que no seu tam amado e democrático estado, fecham-se jornais, mete-se a gente na prisom pola sua idiologia, tortura-se, etc,etc, o mesmo que nas repúblicas bananeiras. Isso deve ser muito raro para esses amantes da liberdade....

17 PEPORRO

Si se me ocurre comparar, ¿que vas a hacerme? ¿ponerme un regalito debajo del coche?... JODER PEPIÑO, AHORA VAS DE VÍCTIMA, VAYA FORMA DE RETORCER EL ARGUMENTARIO. HIPÓCRITA VALE, SOFISTA BUENO, PERO YA ESTOOOO, JODER, VAYA FALTA DE RESPETO

16 Pepe

Nuno: Una preguntilla. Si se me ocurre comparar, ¿que vas a hacerme? ¿ponerme un regalito debajo del coche?¿Por qué tu puedes afirmar de forma categórica quien es un asesino y los demás no? Agradezco tu sinceridad porque de este tipo de gente hablaba y vales perfectamente como muestra. Es inadecuado hablar de alguien como asesino a no ser que haya sentencia judicial firme. ¿Esta claro, o te empiezo enseñando las vocales y los puntos cardinales?

15 Nuno

Mira Pepe, o teu e mentir e se che cachan,rosmar. O único certo aquí é que o Estado pechou un xornal, só porque estaba escrito en euskera e que a este home o torturaron en nome de todxs xs cidadáns do Estado español. Aquí ninguén está a favor de ETA, pero é moito máis grave que o Estado torure, porque así torturamos nós. Pode que a ti che pareza ben pero hai moita xente á que non, e iso non che dá dereito a insultar e difamar. E por suposto que Bush e Blair son asasinos: empregaron un poder que lles daba o estado para satisfacer as súas ambicións, e mentiron e ordearon matar militares e civís para conseguilo, así que nin se che ocorra comparar.