A CORUÑA | 25/05/2017 | Actualizada ás 14:17 por EUROPA PRESS
A Asociación de Medios Publicitarios de España outorgou un AMPE de Ouro ao anuncio da campaña 'Vivamos como galegos' de Supermercados Gadis, segundo informa o grupo de distribución alimentaria.
En concreto, o anuncio 'Por un futuro á galega', no que se destaca a idiosincrasia desta comunidade, recibiu un AMPE de Ouro na categoría de televisión.
A Asociación de Medios Publicitarios de España está integrada por máis de 17 grupos e empresas dedicados profesionalmente ao desenvolvemento dos medios publicitarios en España, tanto os convencionais como os novos soportes e medios dixitais en liña.
'Vivamos como galegos', desenvolvida pola axencia BAP&Conde, é "unha das campañas máis descargadas de internet na historia da publicidade española", sinala Gadis nun comunicado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.