Por Galicia Confidencial | Lugo | 26/05/2017 | Actualizada ás 11:58
O dolmen da Casa dos Mouros de Lobeira, na parroquia de Budián, no Valadouro, acaba de ser vítima dunha brutal agresión, tanto, que quedou esnaquizada. Os traballos para unha plantación de eucaliptos poden estar detrás deste novo atentado contra o patrimonio galego que acaban de denunciar Mariña Patrimonio e Adega.
Os responsables dos danos infrinxidos na Casa dos Mouros terían incumprido os requisitos de patrimonio para a corta e plantación dos eucaliptos xa que non pediron permiso a Patrimonio, aínda que sabían que tiñan que facelo. Ademais, levaron parte dos restos do monumento a unha propiedade privada. Máis sobre este novo escándalo patrimonial na web Historia de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.