Temas: SADA HOMOFOBIA

“Una cosa es el homosexual respetable y otra muy distinta el maricón ostentoso”

O diario da Asociación de Empresarios de Sada inclúe un artigo homofóbico. O directivo Eduardo Lorenzo Martínez firma unha columna de opinión no número de maio que, entre outras cousas, equipara aos homosexuais cos practicantes do incesto.

Por Galicia Confidencial | Sada | 31/05/2017 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

Lorenzo, secretario e tesoureiro da citada Asociación, concede que a homosexualidade está  “éticamente en un plano más elevado que el bestialismo o la pedofilia” pero no mesmo plano que a poligamia e o incesto.

Eduardo Lorenzo Martínez
Eduardo Lorenzo Martínez

Na súa opinión, existe un lobby gay que impide perseguir este comportamento e o PP non lle mete man como debera por medo a reacción do electorado.

Lorenzo, codirector do bufete LMabogados cualifica aos participantes no desfile do Orgullo de “engendros” e conclúe que “una cosa es el homosexual respetable y otra el maricón ostentoso”.

Segundo recolle La Opinión, o presidente da patronal de Sada defendeu o artigo. En opinión de Bernardo Valiño trátase dun artigo “valente e correcto” e falar de “maricones ostentosos” non é insultante. 

A nivel político, o BNG de Sada anuncia “presentación dunha moción no vindeiro pleno na defensa dos nosos dereitos, contra a homofobia e a misoxinia”. O partido local Sadamaioría “amosa a súa absoluta repulsa” e defende “un concello aberto, plural e inclusivo, no que non teñen cabida accións ou declaracións de índole racista ou discriminatoria”.

Artigo de Eduardo Lorenzo en El Mariñán
Artigo de Eduardo Lorenzo en El Mariñán

Non é a primeira vez que Lorenzo provoca polémica. En previas ocasións relativizou a violencia de xénero: “Quizás haya algo de primitivo y antropológico en maltratar. Algo natural, por más que sea detestable en nuestra sociedad”. Nel tamén ataca a "feminazis que ven el machismo acechar detrás de un hombre que abre una puerta a una mujer, detrás del que orina erguido, detrás del que regala flores, detrás (encima) de la postura del misionero”.

Temas: SADA HOMOFOBIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

12 Xaerahora

Hoxe en día o humor negro pode ser delito, enaltecemento do terrorismo e este articulo e libertade de expresión, manda carallo. Este señor abogado sera abogado do diaño

11 XOCAS

10 arzuacapital

hostiá, ese tipo é un agresor en potencia! Para o psquiátrico xa!ar

9 Gamela

Non era no colexio da Estila (Opus Dei) onde lles botaban auga bendita polas noites para evitar malos pensamentos e demáis tocamentos ??? En fin, hainos avogados do diaño...

8 También

Muchos homosexuales están de acuerdo con este señor. Están hartos de que los metan en el mismo saco que los frívolos y exhibicionistas. Flaco favor hacen a la causa.