Temas: SADA HOMOFOBIA

“Una cosa es el homosexual respetable y otra muy distinta el maricón ostentoso”

O diario da Asociación de Empresarios de Sada inclúe un artigo homofóbico. O directivo Eduardo Lorenzo Martínez firma unha columna de opinión no número de maio que, entre outras cousas, equipara aos homosexuais cos practicantes do incesto.

Por Galicia Confidencial | Sada | 31/05/2017 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

Lorenzo, secretario e tesoureiro da citada Asociación, concede que a homosexualidade está  “éticamente en un plano más elevado que el bestialismo o la pedofilia” pero no mesmo plano que a poligamia e o incesto.

Eduardo Lorenzo Martínez
Eduardo Lorenzo Martínez

Na súa opinión, existe un lobby gay que impide perseguir este comportamento e o PP non lle mete man como debera por medo a reacción do electorado.

Lorenzo, codirector do bufete LMabogados cualifica aos participantes no desfile do Orgullo de “engendros” e conclúe que “una cosa es el homosexual respetable y otra el maricón ostentoso”.

Segundo recolle La Opinión, o presidente da patronal de Sada defendeu o artigo. En opinión de Bernardo Valiño trátase dun artigo “valente e correcto” e falar de “maricones ostentosos” non é insultante. 

A nivel político, o BNG de Sada anuncia “presentación dunha moción no vindeiro pleno na defensa dos nosos dereitos, contra a homofobia e a misoxinia”. O partido local Sadamaioría “amosa a súa absoluta repulsa” e defende “un concello aberto, plural e inclusivo, no que non teñen cabida accións ou declaracións de índole racista ou discriminatoria”.

Artigo de Eduardo Lorenzo en El Mariñán
Artigo de Eduardo Lorenzo en El Mariñán

Non é a primeira vez que Lorenzo provoca polémica. En previas ocasións relativizou a violencia de xénero: “Quizás haya algo de primitivo y antropológico en maltratar. Algo natural, por más que sea detestable en nuestra sociedad”. Nel tamén ataca a "feminazis que ven el machismo acechar detrás de un hombre que abre una puerta a una mujer, detrás del que orina erguido, detrás del que regala flores, detrás (encima) de la postura del misionero”.

Temas: SADA HOMOFOBIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

7 Gallego de La Coruña

Lo de siempre. Tanto problema por decir la verdad que todos pensamos.

1 Concha

Español de A Coruña, ¿entón ti tamén pensas que hai posibilidades de que cando se experimenta un abuso sexual continuado na infancia queden secuelas con forma de prexuízo contra calquera forma de sexualidade que evoque esas violacións? Eu non o sei, que non son psicóloga, pero os expertos falan diso, de que na homofobia extrema pode existir un cadro encuberto de odio que vén despois da "síndrome de Estocolmo", cando os nenos abusados desculpan os pedófilos, incluso os admiran. Habería que preguntarlle ao señor este, xa que se mostra tan sensible coa pedofilia, se será capaz de dedicar o seu seguinte artigo á institución que máis pederastas leva encuberto. Non o digo eu, dío o Papa Francisco.

6 Concha

A que colexio foi este rapaz? Era de curas? Non; por nada.

5 Yate

En pre que? No veis la cara de Neo na zi que se trae el ti po el si que es pecado veis el si casi el aborto estaba justificado y que a gusto nos habíamos quedado

4 Veselle o plumeiro

Clásica sobreactuación. Apostaría a que é un gay reprimido

3 LALOKA

Con toda seguridade a publicación estará patrocinada por empresarios da bisbarra. Haberá que facer un chamamento para que ninguén merque nestes negocios ate que lles retire a financiación