Ignacio Echeverría, desaparecido tralo atentando en Londres, é natural de Ferrol

Viviu durante moitos anos nas Pontes. A última vez que foi visto estaba tendido na beirarrúa tras enfrontarse aos terroristas co seu monopatín.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/06/2017 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

Ignacio Echeverría, desaparecido en Londres desde o atentado do pasado sábado pola noite, naceu hai 39 anos en Ferrol e foi veciño das Pontes (A Coruña), onde residiu ata que se mudou para ir á universidade. En concreto, segundo indicou o Concello das Pontes, Ignacio é fillo dun enxeñeiro que traballou moitos anos en Endesa, ata que as obrigacións laborais o levaron a cambiar de destino.

Ignacio Echeverría.
Ignacio Echeverría.

Ademais, segundo publicou a súa familia a través das redes sociais, mide 1,75 metros de altura e pesa uns 85 quilos. A última vez que foi visto estaba tendido na beirarrúa tras enfrontarse aos terroristas co seu monopatín.

Como sinalou tamén o Concello pontés, Echeverría golpeou a un dos asaltantes co seu monopatín, tras o cal foi derrubado.

Polo momento descoñécese o seu paradoiro, posiblemente tamén debido a que, como viña de facer deporte, ía sen documentación. O Goberno español asegurou que se está facendo "todo o humanamente posible" para localizalo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta