Por Galicia Confidencial | Foz | 13/06/2017 | Actualizada ás 09:00
“De min a triste Frouseyra
Que por treyçon foy vendida
Derribada na ribeyra
Ca jamais se veo vencida”
Así recollen as cantigas a triste historia do castelo da Frouxeira, no Concello de Foz, unha das últimas fortalezas en caer en man dos casteláns no que Zorita deu en chamar a "doma y castración del reino de Galicia".
Neste castelo estivo desde principios do 1481 e ata case a súa morte, en decembro do 1483, Pedro Pardo defendéndose bravamente contra as tropas dos Reis Católicos, capitaneadas por Luis de Mudarra e comandadas por Fernando de Acuña, ata que foi traizoado por un dos seus capitáns. Agora este BIC acaba de sufrir unha seria alteración tras o traballo de varias escavadoras sen o permiso de Patrimonio. Máis na web colaboradora Historia de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.