Por Galicia Confidencial | Vigo | 25/06/2010 | Actualizada ás 14:52
A asociación das mocidades do Bloque, Galiza Nova, dará mañá unha rolda de prensa en Vigo. Nela explicará a súa reacción a unha denuncia presentada contra este colectivo por parte de Gloria Lago, líder da polémica asociacion Galicia Bilingüe.
O automóbil de Lago e do seu marido, tamén directivo na asociación contraria á normalización do idioma, ten sido pintado reiteradamente na cidade olívica.
Lago sempre ten acusado aos mozos que defenden o idioma destes actos vandálicos, malia que até hoxe a Policía non foi quen de deter a ninguén en relación con estes incidentes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.