Elnosa entrega á Xunta a solicitude para a implantación de novas instalacións na fábrica de Pontevedra

A empresa Electroquímica do Noroeste S.A. (Elnosa) entregou este mércores, ante a Consellería de Industria da Xunta de Galicia, a solicitude para iniciar a tramitación administrativa do Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal para a implantación de novas instalacións na súa actual fábrica de Lourizán, na Ría de Pontevedra.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2017 | Actualizada ás 18:59 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A empresa Electroquímica do Noroeste S.A. (Elnosa) entregou este mércores, ante a Consellería de Industria da Xunta de Galicia, a solicitude para iniciar a tramitación administrativa do Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal para a implantación de novas instalacións na súa actual fábrica de Lourizán, na Ría de Pontevedra.

Segundo informou o Grupo CUF, a multinacional portuguesa á que pertence Elnosa, "esta petición realízase tras a negativa do Concello ao Plan Especial de Reforma Interior (PERI)".

Nun comunicado, o grupo luso engade que "co obxectivo de manter a actividade industrial na planta de Pontevedra, e garantir os postos de traballo actuais e tratar de aumentalos, tamén se están levando a cabo os trámites oportunos para a Revisión da Autorización Ambiental Integrada (AAI)".

Estas mesmas fontes apuntan que o conselleiro de Elnosa, Antonio Mesquita de Sousa, confía na "continuidade da actividade industrial da empresa despois de decembro de 2017, creando valor e mantendo os postos de traballo directos, indirectos e inducidos".

En relación co trámite solicitado este mércores por Elnosa débese a que o terreo sobre o que se sitúa a clorera non conta cun documento que ampare desde o punto de vista urbanístico a súa presenza nese lugar como no caso da fábrica de ENCE, que está amparada como un plan sectorial de incidencia supramunicipal declarado no seu día pola Xunta de Manuel Fraga.

PRÓRROGA

A aprobación dun proxecto sectorial de incidencia supramunicipal suporía que a Xunta sería a administración con competencias para sacar adiante calquera reforma interior do recinto da clorera, como a reconversión para abandonar o uso de mercurio, polo que Elnosa esquivaría o control urbanístico do goberno local pontevedrés.

O Grupo CUF tamén espera que a fábrica de Elnosa obteña unha prórroga da concesión dos terreos que ocupa en dominio de Costas, previa resolución do expediente de caducidade aberto.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta