Temas: MúSICA

O reggaetón tamén triunfa en Galicia

Maluma, un dos referentes do popular, e polémico, xénero musical vai camiño de esgotar entradas para o seu concerto no país.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/06/2017 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

O pasado mércores poñíanse á venda as entradas para gozar do concerto que Maluma ofrecerá en Santiago de Compostela o próximo 15 de setembro. Será a única cita do colombiano en Galicia dentro da súa xira "Maluma World Tour", e aínda que o recinto elixido, o Multiusos do Sar, ofrece un dos aforamentos máis grandes do país, a promotora asegura que están a piques de esgotarse as entradas, apenas unha semana despois de iniciarse a distribución.

Maluma actuando en directo
Maluma actuando en directo | Fonte: youtube

Até 190 euros

"Con máis de 5500 entradas vendidas o único concerto do rei da música urbana en Galicia diríxese inexorablemente cara ao cartel de non hai entradas", afirman dende Esmerarte, quen asegura que o 75% do aforamento do recinto xa foi adquirido. As entradas véndense Ataquilla.com, único portal online de venda autorizado, dnde 35 euros a máis barata até os 189 do pase VIP.

O ídolo da música urbana presentará o seu directo o próximo 15 de setembro no Multiusos do Sar. A actuación empeza as 22:30. O artista estará a presentar a súa nova xira Maluma World Tour 2017.

Irá acompañado da súa banda composta por guitarra, batería, dj, coristas e un elenco de bailaríns. Ademais de novos temas, interpretará todos os seus éxitos.

Cifras de siareiros

Maluma, aos seus 23 anos, presenta unha cifras que dan vertixe.  Ten 22.88 millóns de seguidores en Facebook, 4.01 millóns en Twitter, 25.7 millóns en IG e case 6 billóns de visualizacións en Youtube con 9,5 millóns de subscritores.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Galiza chachacha

A Sunta tinha que fazer um disco deste senhor cantando em "gayego" para continuar intoxicando, fazendo crer polo mundo adiante que é representativo da Galiza mentras oculta a cultura do país. Novo disco "Música para el camino, Galicia que te canta" com vídeo no Obradoiro.

1 Antinostrus

Unha Bosta enorme este malandro do Maluma...Nostrus ao seu lado, só unha ca ga lle ta de cabra......ai, onde esté o mentirán de Pio Leyva!!!!,