Por GcToday | A Coruña | 07/07/2017 | Actualizada ás 18:32
Abanca, a entidade financeira noutrora galega vén de mercar os p do nome da Coruña nunha transacción que se levaba a cabo a última hora ds tarde de onte. Despois do acordo acadado para cambiar de nome o estadio de Riazor, agora Abanca Riazor, a entidade decidiu tras negociar co concello ampliar o paquete e pechar o trato tamén co nome da cidade.
Deste xeito e a cambio de liquidez para o consistorio de La Abanca, antes A Coruña, Abanca obtén o nome do municipio asi como outras claúsulas menores como poden ser o troco de nome do alcalde a Ksulio Abanca Ferreiro ou a torre de Abanca en lugar da de Hércules.
O trato terá unha vixencia de 10 anos, e poderá ser revertido por parte da entidade bancaria se así o desexa en calquera momento, cousas que segundo parece está moi lonxe de acontecer.
Agora do queda ver como a cidadanía se acostuma aos novos nomes e se co paso do tempo Abanca segue a imvertir en municipios galegos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.