Por Galicia Confidencial | Vigo | 09/07/2017 | Actualizada ás 12:00
“O Báculo de Daghdha” é o último traballo do ilustrador galego Norberto Fernández. Un cómic, editado polo Eixo Atlántico, no que o Camiño Portugués a Santiago é o protagonista.
Trátase dunha historia de aventuras para todos os públicos na que os protagonistas percorren o Camiño Portugués desde Lisboa a Santiago na procura dun tesouro. O álbum de 48 páxinas, que conta con algúns “cameos” de alcaldes e personaxes populares de Galicia e Portugal, sae publicado a toda cor e repártese a través de distintos medios impresos e dixitais de Galicia, entre eles, GC, a través deste enlace.
A súa versión en portugués, "O Cajado de Daghdha", repartirase en papel co xornal O Correio do Minho o vindeiro 14 de xullo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.