A Xunta presume do aumento do plurilingüismo nos centros educativos

Máis de 80 centros ampliarán por primeira vez o plurilingüismo a Infantil e catro introducirán Pluribach dentro do desenvolvemento de EDUlingüe 2020. Educación prevé 211 seccións bilingües máis, chegando ata as 4.125.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/07/2017 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

Un total de 81 centros terán por primeira vez o próximo curso plurilingüismo en Infantil (Plurinfantil): 33 na provincia de Pontevedra, 26 na Coruña, 14 en Ourense e oito en Lugo. No caso do Bacharelato (Pluribach), serán catro os que, tamén por primeira vez, amplíen este modelo. Trátanse do IES Campo de San Alberto de Noia, do CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús de Ourense, do CPR Plurilingüe Divina Pastora de Ourense e do IES Eduardo Blanco Amor de Ourense.

Para destacar a importancia que a Xunta lle dá a este novo sistema de inmersión lingüística en inglés, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou unha destas estadías en Culleredo para presumir do novo programa EDUlingüe 2020.

"Estes datos indican que acertamos á hora de darlle un novo impulso á aprendizaxe das linguas estranxeiras a través de EDUlingüe 2020”, dixo. E indicou que, entre os obxectivos da estratexia a 2020 está alcanzar os 500 centros plurilingües, 600 novas seccións bilingües e duplicar o número de auxiliares de conversa ata chegar aos 1000.

Satisfeito

Segundo suliñou, a Rede de centros plurilingües estenderase a 29 novos o curso que vén, sumando así un total de 311, un 10,3% máis que no 2016/17. "Isto significa, a maiores, multiplicar por máis de 5 o número de centros plurilingües que había no curso 2010/11", engadiu.

En canto ás sección bilingües, aumentan en 211 ata chegar ás 4125, un 5% máis con respecto ao curso pasado. En concreto, son 100 os centros que incorporan seccións bilingües, dos que 30 o fan por primeira vez. Si se teñen en conta os datos do curso 2008/09, no que había 720 seccións, o novo dato supón multiplicar por case seis este número.

Formación extra en inglés

Por outra banda, Educación impulsa durante este verán o programa CUALE, de Cursos para a formación complementaria da aprendizaxe en linguas estranxeiras, principalmente inglés, no que participan un total de 1200 alumnos. Recibirán formación fóra do horario escolar en centros que voluntariamente colaboran, co fin de preparar a certificación en Escolas Oficiais de Idiomas.

Ademais, a Xunta tamén favorecerá a certificación de nivel do alumnado ao remate da etapa, co fin de que o 30% dos mozos que finalicen a ESO en centros plurilingües certifiquen un nivel B1, e o 30% dos de bacharelato faga o mesmo en B2.

Clase de inglés para nenos
Clase de inglés para nenos | Fonte: ciudadpeques.com

O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez
O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Nexus 6

Más español, más inglés y menos gallego. Ése es el camino. Lo de la lengua vernácula sólo satisface el prurito identitario de unos cuantos paletos intolerantes.

1 teutonio

A lingua vernácula axúdanos a comunicarnos co mundo lusófono, a aprendernos máis facilmente outras linguas ou a desenvolver outras competencias cognitivas, está demostrado por ducias de estudos académicos publicados en decenas de revistas científicas. Pola contra os teus prexuízos so se basean no teu racismo, limitacións intelectuais e ignorancia.

2 BeneB

Ben, unha vez máis alguén que fachendea de descoñecemento, ou ignorancia. Ese é o tipo de xente que pode dar leccións aos demais. Eu só falo BEN 5 idiomas, e anota aí algo que non ten volta, daquí a poucos anos, estudar linguas estranxeiras, será como o que hoxe estuda literatura grega, moi enriquecedor para a persoa, sen ningún interese práctico.