Investigan fraude de subvencións no Centro Tecnolóxico da Carne

O mal uso nas subvencións que manexa o Centro Tecnolóxico da Carne parece ser o motivo polo que a Policía rexistrou este ente público o venres en Ourense. A denuncia xa tería chegado a Bruxelas. O CETECA arrastra tamén varios conflitos laborais, incluída una denuncia na Xunta por irregularidades nas contratacións.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 22/07/2017 | Actualizada ás 10:36

Comparte esta noticia

O fraude nas subvencións que manexa o Centro Tecnolóxico da Carne parece ser o motivo polo que a Policía rexistrou este ente público o venres en Ourense. O CETECA arrastra tamén varios conflitos laborais, incluída una denuncia na Xunta por irregularidades nas contratacións.

Rexistro da Policía no Centro Tecnolóxico da Carne
Rexistro da Policía no Centro Tecnolóxico da Carne | Fonte: crtvg

Fontes da investigación citadas por J. Fraiz en Faro especifican que a Policía Nacional trata de averiguar o “destino irregular de subvencións”. Para logralo, incautaron documentación do departamento do departamento de administración nun rexistro que durou unhas catro horas.

En concreto, o xerente Miguel Fernández estaría a ser investigado polos delitos de falisidade documental, prevaricación e malversación; segundo Antonio Rodríguez en La Región

Por outra banda, Comisións Obreiras non confirmou o motivo do rexistro, pero si recordou os problemas laborais no CETECA. A central asegura que denunciou á Consellería de Medio Rural a ausencia de técnicos nos tribunais dos procesos selectivos e situacións de acoso a algúns traballadores. De acordo a súa versión, a Xunta pouco ou nada fixo ao respecto.

O mal ambiente interno no cadro de persoal podería ser un dos motivos da operación policial. Un anónimo enviou unha denuncia á Físcalía de Ourense hai dous meses, indagacións que culminaron no rexistro de onte no edificio do Parque Tecnolóxico.

Foi unha empresa, segundo La Región, quen alertou tanto á fiscalía como a Bruxelas sobre o posíbel mal uso das subvencións. O CETEGA xestionou o ano pasado uns 16 millóns de subvencións, boa parte de fondos comunitarios. 

Gobernado por un padroado, o responsable desta fundación pública é o departamento de Medio Rural. Na Xunta fixeron o que fan sempre que sucede algo así, limitarse a comprometer a súa colaboración coa Xustiza e non proporcionar máis información. 

Máis datos hainos nos quince arquivadores que xa están na Comisaría de Ourense nunha operación que coordina a Audiencia Nacional. En función do que os investigadores atopen neles, pode haber detencións e rexistros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 kiko pepeiro

o pepeiro meteu a vaca podre... despois de meter o leite negro!!!! mira ti as que fai o pepeiro!!!