A ultradereita prepara denuncias contra os mestres que desafíen o "decretazo"

Galicia Bilingüe, que muta para buscar novo financiamento, e a Asociación Nacional por la Libertad Lingüística preparan unha ofensiva contra os mestres que falen galego nas aulas fixadas en castelán.

Por Walter Burns | O Irixo | 09/09/2010 | Actualizada ás 02:45

Comparte esta noticia

Os colectivos contrarios á normalización do galego preparan unha ofensiva xurídica contra os profesores que, malia o chamado polo Goberno 'decreto do plurilingüismo' e 'decretazo' pola oposición, impartan as súas clases no idioma propio cando a nova norma fixe que se deben dar en castelán.

None

Un novo actor nesta polémica é a Asociación Nacional por la Libertad Lingüística (ANLL). Este colectivo, con actividade até o de agora sobre todo no Levante español, ameaza con “levar aos tribunais” a quen “non repecte as horas do castelán”. O seu presidente Pablo Yañez critica por “insuficiente” o "decreto do Plurilingüismo" aprobado pola Xunta do PPdeG, que reduce o mínimo de horas en galego.

Yañez cualifica de “ameazas” as informacións da CIG ensino, que apuntaba que a Xunta non pode sancionar aos mestres que usen o galego en horas fixadas en castelán. Louzao "fala de guerra e cruzadas dende a ameaza totalitaria que marcou a etapa lingüística do bipartito", sinala esta persoa. Polas súas declaracións nesta entrevista con César Vidal, Yañez está próximo ao nacionalismo español de ultradereita:

A Fundación Galicia Bilingüe contra "el adoctrinamiento nacionalista en la enseñanza"

Con todo, Galicia Bilingüe será sen dúbida o colectivo contrario a normalización máis activo na fiscalización dos profesores. A asociación que preside Gloria Lago organizou a súa terceira asemblea a finais de agosto.

“Haremos un seguimiento de la aplicación del nuevo Decreto” e "lucharemos contra el adoctrinamiento nacionalista en la enseñanza” foron dúas das súas conclusións.

Así e todo, a maior sorpresa da asemblea de Galicia Bilingüe é o anuncio da constitución dunha fundación.

“Para poder darle una nueva dimensión a nuestra labor, en la tercera asamblea de Galicia Bilingüe hemos propuesto, y así ha sido aprobada, la solicitud del reconocimiento de Galicia Bilingüe como entidad de utilidad pública y el permiso para la utilización del nombre de nuestra asociación para la futura creación de una fundación, si ello fuera conveniente”, proclama Gloria Lago.

Cómpre ter en conta que as relacións entre Lago e o PPdeG non atravesan o seu mellor momento. Os conservadores utilizaron a GB para derrubar o bipartito, pero agora ven no seu antigo 'matrimonio' con Lago como unha amizade perigosa, que a oposición pode utilizar para arrebatarlle apoios, sobre todo no rural nas vindeiras eleccións municipais.

Por iso é probábel que a billa das subvencións a GB dende as administracións públicas que controla o PP, por exemplo a Deputación de Pontevedra, diminúa. Isto obrigaría a Lago a buscar novas vías de financiamento a través dunha fundación que financie a súa destacada presencia nos medios. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 254 comentarios

68 Profundador

Esperando a que Si home si explique como é posible que o galego estea a impoñerse en Galicia se o art.3 da Constitución di que é un DEBER saber castelán, e o art.5 do noso Estatuto NON dí que sexa un deber saber galego. tic,tac,tic,tac, el tiempo pasa... Por certo, ¿Consecuencias do deber de saber galego en Galicia pra un vasco, catalán, castelán, etc? Moi sinxelo: Os vascos, cataláns, casteláns, etc terían que aprender o galego. ¿ves qué fácil, si home si?

1 Rayleigh

Dubido que apareza de novo por aqui profundador. Simplemente limítabase a pór en evidencia a GB el mesmo. E se de verdade foi él o de cataláns e vascos e os seus problemas en Galiza...a verdade, elexiu os peores exemplos para os seus propósitos. Dubido que estes puxeran problemas ó galego tendo eles un idioma propio.

67 si hombre sí

Pero liberdade para todos e para todo. Que carallo iso de liberdade só para a língua, e logo as demais leis?, acaso a Constitución Española é obrigatoria para todos?, quen foron os fascistas e gañáns que impuxeron a Constitución española?. A Constitución española será para quen a queira, e quen non pois que non a acate. Ou todos na península queremos a constitución española?. Os que non a acaten que creen o seu estado, que paguen impostos no seu estado e xa está. Acaso serei eu tan fascista ou nacionalista galego ou español para impedirllelo?.

66 si hombre sí

Eu como non, estou a favor da liberdade. Non como todos vós, que sodes todos uns gañáns e uns fascistas. Así que cada un que aprenda no que lle pete, que é iso de galego ou español?, se os chinos queren aprender en Chino quen son eu para dicirlles nada?, as línguas son das persoas. Se os moros queren aprender moro nas Madrasas, quen será o fascista nacionalista que lle diga que non, non é a súa liberdade acaso?.

65 Rayleigh

De todos es sabido que lo que quieren los de "queremos galego" es simplemente que sus hijos puedan emplear el gallego en clase, elegrilo en el libro de texto, y que los profesores que quieren usar gallego puedan hacerlo, y que pueda haber aulas y centros d elibre elección para todos ellos también... permitiendo que todos los demás que no están de acuerdo y quieren más bien español, puedan hacer lo mismo que ellos y disponer de las mimsas posibilidades y derechos, sin imposiciones de unos sobre otros, no como los de Galicia Bilingúe juasjuasjuasjuas

1 Rayleigh

Si home si...Grazas por darme a razón..Rematas de facer a estupidez maís grande na que pode caer un troll. Colle-lo alcume doutra persoa. Poño de testemuñas ós administradores de GC para den fe da usurpación de identidade.

64 Profundador

art.3 da Constitución -> é un DEBER saber castelán en Galicia. art.5 do Estatuto de Galicia -> NON é un DEBER saber galego en Galicia. ¡¡¡Es que se está imponiendo el gallego en Galicia!!! (Gloria Lago dixit) Manda carallo...

1 si home si

Es un deber estudiar ambas y aprobar las materias tronclaes y obligatorias de ambas lenguas y estudiar un mínimo del 33% para cada lengua, para los escolares gallegos, o sea que vuelve a intentarlo con tu argumento falaz, amargado Aun espero que respondas sobre las consecuencias que deberia tener la obligacion legal de saber gallego, para adultos de Cataluña, Asturias o Euskadi que se vengan a vivir a Galicia: tic tac tic tac, el tiempo pasa

2 si hombre sí

Que pasará coa obrigación de saber galego para adultos de Cataluña, Asturias ou Euskadi que veñan a Galicia?, pois supoño que o mesmo que os adultos inmigrantes de China, o Magreb, Subsaharianos, etc.. que veñen a España, que ó mellor non aprenden español ou galego na súa vida. O absurdo é que unha língua sexa un DEBER, algo que hai que borrar da constitución española polo ben da liberdade.