Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/08/2017 | Actualizada ás 11:42
O Bloque volveu a tomar partido público a prol do goberno bolivariano en Venezuela. Fíxoo nun comunicado no que aplaude ao pobo por elixir unha Asemblea Constituínte para reformar a Constitución.
A oposición cifrou en algo así como o 14% a participación. Foi algo máis do 40% segundo o executivo de Nicolás Maduro. Toda a oposición boicoteou os comicios pois considera que un paso cara a ditadura, pero o BNG considéraos lexítimos.
Petróleo
Os nacionalistas galegos denuncian que a votación saíu adiante pese a “inxerencia internacional, ameazas de tres Estados, coacción económica e diplomática e manipulación mediática”. Dos numerorsísimos incidentes violentes, a fronte unicamente cita en concreto o asasinato dun candidato á Asemblea.
Na súa opinión, a mala prensa que ten Maduro no país débese aos “intereses económicos e estratéxicos que planean os recursos enerxéticos de Venezuela”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.