Un boleto adquirido en Betanzos (A Coruña), agraciado cun millón de euros no Euromillones

Un boleto selado no municipio coruñés de Betanzos foi agraciado cun millón de euros no sorteo do Euromillones celebrado na noite do venres 4 de agosto.

A CORUÑA | 05/08/2017 | Actualizada ás 13:57 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un boleto selado no municipio coruñés de Betanzos foi agraciado cun millón de euros no sorteo do Euromillones celebrado na noite do venres 4 de agosto.

En concreto, o gañador selou a súa aposta na administración número dous desta localidade, Lotarías Chirri, situada no número 5 da rúa Rollo.

Precisamente, en declaracións a Europa Press e tras mostrar a súa alegría por vender o boleto agraciado, a encargada deste establecemento, Yolanda Villar, explicou que o gañador "pode tratarse dun cliente habitual" da administración, aínda que se descoñece a súa identidade.

"É imposible saber quen é porque por aquí pasa o Camiño de Santiago pero como foi selado entre o luns e martes, que é cando veñen os clientes habituais, creo que pode ser un destes", manifestou.

Así, aínda que se mostrou "encantada" de darlle o premio "a calquera cliente", recoñeceu a súa preferencia por que o agraciado sexa algún veciño e cliente habitual.

Yolanda Villar destacou, ademais, que este non é o primeiro premio que reparten, xa que, por exemplo, no pasado Sorteo Extraordinario de Nadal, repartiron un quinto premio e recentemente selaron unha bonoloto agraciada con 87.000 euros, entre outros.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta