O xigante portugués de pasta de papel baralla comprar eucalipto en Galicia ante as dificultades en Portugal

The Navigator Company podería asentarse en Galicia e adquirir grandes plantacións de eucalipto para nutrir as súas industrias portuguesas. Esta empresa é unha das grandes de Portugal e xera 1.500 millóns de euros anuais de beneficio.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 08/08/2017 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

A actual reforma lexislativa do Goberno portugués tras o incendio de Pedrograo Grande está a provocar que as grandes empresas lusas do sector forestal miren a Galicia para mercar plantacións de eucaliptos e, entre elas, a gran industria do país, The Navigator Company.

A reforma portuguesa da lei forestal recolle a prohibición de plantacións desta especie foránea e só outorgará permisos en casos de "transplantes de áreas que están ecoloxicamente mal localizadas e que non son economicamente rendibles". Durante a presentación da normativa, o ministro Capoulas Santos explicou que non pretende "pór en cuestión a importancia que o eucalipto ten polo emprego que representa nin polas exportacións que representa", pero suliñou que esta industria debe realizarse "con menos área". A reforma está pactada co partido Os Verdes.

Estas restricións levaron ao gran xigante portugués da pasta de papel, The Navigator Company, herdeira da Companhía Portuguesa de Celulosa, de "olhar para outras fontes de floresta e de madeira fora de Portugal, diferentes das que hoje utiliza”. "E uma base forte está no norte de Espanha, na Galiza”, indicaron fontes da empresa consultadas polo Jornal de Negócios.  

Unha das plantas de tratamento de papel que The Navigator Company ten en portugal
Unha das plantas de tratamento de papel que The Navigator Company ten en portugal | Fonte: mundopapel.com

Nova estratexia empresarial

O presidente executivo da empresa de pasta de papel non ocultou esta nova estratexia empresarial na presentación dos resultados do primeiro semestre do ano. Diogo da Silveira dixo que a aposta da empresa está agora en Galicia. "Poderemos ter mais em Espanha e menos em Portugal”, dixo. “Queremos ter mais em Espanha para diversificar e a produtividade lá também é elevada”, indicou.

"De acordo com a reforma da floresta quem quiser plantar uma nova área de eucalipto, numa zona definida, tem de recuperar e identificar uma área de eucalipto que não esteja com bons níveis de produtividade, arrancar o que lá está e deixar o terreno em condições e para utilização agrícola ou pecuária ou então fazer imediatamente uma nova plantação de uma nova espécie que não seja o eucalipto", explican en Portugal.

Con todo, Portucel, como se chamaba anteriormente a The Navigator Company seguirá mantendo explotacións en Portugal.O propio Diogo da Silveira garantiu que “deter terra em Portugal é importante porque é uma segurança, uma reserva, ajuda a gerir ‘stocks'”, sendo também relevante por permitir desenvolver boas práticas e transferi-las”.

Unha das grandes industrias de Portugal

The Navigator Company é hoxe unha das máis fortes presenzas de Portugal no mundo da celulosa e un dos maiores produtores mundiais de carpeta branca de eucalipto (BEKP) e papeis finos non revestidos (UWF). As súas actividades baséanse en tres complexos industriais de grande escala. Esta empresa ten 120.000 hectáreas de bosque e construíu o maior viveiro de eucaliptos de Europa. Algúns destes proxectos poderían trasladarse a Galicia.

Ten unha capacidade de produción de papel de 1,6 millóns de toneladas/ano, de 1,4 millóns de toneladas ano de carpeta de eucalipto (sendo 80% integrada na produción de papel) e xera cerca de 2,5 TWh/ano de enerxía. O seu volume de negocios é de 1.500 millóns e ten como principais mercados Europa (77%) e América (9%).

Plantación de eucaliptos en Portugal
Plantación de eucaliptos en Portugal | Fonte: CG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

12 anonimo

¿ E concretamente en que teño falta de información ? ¿ En decir que os galegos so van a Oporto para coller vos lonxe? ¿ En decir que o galego e o portugués separáronse na edade media? ¿ En decir que os salarios portugueses son mais baixos que os galegos ? Concreta algo, porque así, sen dicir nada, fai críticas calquera. A verdade proe.

11 Fernando Lois.

O modelo colonial portugués: idioma portugués en Galicia pra sustituir o galego (lusismo), coller mnaterias primas baratas (eucalipto), meter o seus excedentes (leite, etc...) e facer do porto e aeroporto de Oporto os principais do noroeste. Os galegos temos que parar isto coa complicidade dos zipaios do BNG e os catro parvos que non saben do que falan.

10 Comentarios

Os comentarios desta noticia parece que compiten nun xogo de a ver quen di a parvada máis grande...

9 anonimo

Por favor. Nen o aeroporto é o aeroporto " central" de Galicia ( ninguén vai a Oporto para voar a Madrid ou Barcelona, que son os destinos que acaparan mais do 75 % dos vos ) nen os aeroportos de Galicia son " secundarios". Simplemente, alguna xente vai a Oporto porque ten vos baratos a destinos lonxanos. O Portugués e o Galego separánronse na Edade Media. ! Agora resulta que a algún dalles envexa Portugal, con salarios mais baixos que Galicia, e onde a xente andaba descalza fai cincuenta anos! A cuestión e vender como sexa o rollo colonial. Polo visto, agora seica Galicia é una colonia de Portugal: a tolemia ideolóxica fai dicir burradas, o adaptar a realidade aos dogmas ideolóxicos fai desbarrar.

1 Estuda

Penso que non entendes nada, tes falta de formación.

8 anonimo

A ver. É bastante doado de entender. Se estes veñen a lle facer competencia á Tocino, haberá moratoria de eucalipto. Se Tocino segue a impoñer a súa lei e o seu prezo, non. A partir de aí que cada un se faga a súa composición de lugar. O metro cúbico de nogueira de 80 anos págase a 70 euros, igual que o "roble americano" de 50. O castaño nin o queren. A tonelada de globulus de 15-20 anos a 34 euros. Só hai que saber dividir por dúas cifras. Un neno de cuarto de primaria sábeche dicir cal é máis rendible.